Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 3 de xaneiro de 2014 Páx. 219

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (857/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 857/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis González Rodríguez contra a empresa Konstruplus, S.L., con intervención de Fogasa e administracion concursal de Konstruplus, S.L., sobre ordinario, se ditou sentenza cuxo encabezamento e ditame din:

«Sentenza.

A Coruña, 9 de decembro de 2013.

Miguel Herrero Liaño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 857/2011, sendo parte nel, dun lado como demandante, José Luis González Rodríguez, asistido polo letrado Sr. Fernández Hernández e, doutro, como demandada, a empresa Konstruplus, S.L., que non comparece, e con intervención procesual da administración concursal da empresa, que non comparece, e do Fogasa, representado pola letrada Sra. Prosper Montalvo, sobre reclamación de cantidade, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza.

Ditame:

Estímase a demanda interposta por José Luis González Rodríguez fronte a Konstruplus, S.L., con intervención procesual do Fogasa e a administración concursal da empresa e, en consecuencia, condénase a empresa demandada a aboar ao demandante a cantidade de 3.687,12 euros cos xuros do 10 % previstos no artigo 29.3 do ET.

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Advírtase ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso ao momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Konstruplus, S.L., expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de decembro de 2013

A secretaria xudicial