Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 3 de xaneiro de 2014 Páx. 221

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1304/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1304/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Manuel Doval Gestal, Marta Otero Martínez contra a empresa Talleres de Abastecimiento, Jardinería y Obras, S.L., Jardinería Arce, S.L, Lorenzo Becerra Amenedo, Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Ditame:

1º. Estimo a acción sobre resolución de contrato formulada por Marta Otero Martínez fronte a Talleres y Abastecimiento Jardinería y Obras, S.L. e, en consecuencia, acordo con data da presente sentenza, a extinción do contrato de traballo existente entre o demandante e a empresa demandada, por causas imputables a esta, e condeno á empresa demandada a que aboe ao demandante 4.907,97 euros en concepto de indemnización.

2º. Estimo a acción de reclamación de cantidade exercida e condeno a citada empresa demandada a aboar á parte demandante a cantidade de 44.645,55 euros polos conceptos que constan no relato de feitos probados.

3º. O Fogasa deberá pasar pola presente resolución nos termos do artigo 33 do ET e do artigo 23.6 da LRXS.

4º. Tense por desistida a parte demandante fronte ao Concello da Coruña, Jardinería Arce, S.L. e Lorenzo Becerra Amenedo.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado co número 1533.0000.36.0000.12, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533.0000.60.0000.12, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, o pronuncio, mando e asino.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, encontrándose realizando audiencia pública no día da data, do cal dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Talleres de Abastecimiento, Jardinería y Obras, S.L., expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de decembro de 2013

O secretario xudicial