Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 3 de xaneiro de 2014 Páx. 209

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3399/13-MJC).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3399/2013-MJC desta sala, seguido por instancia de Elsi Grenet Torres contra a empresa Fogasa, Tortoni, S.L. e Soros Investiment Corporation Spain, S.L. Edictos (A Coruña), sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

Resolvemos que, aceptando o recurso de suplicación interposto por Elsi Grenet Torres, fronte á sentenza do 9.5.2013, ditada polo Xulgado do Social número 1 da Coruña, en autos nº 1128/2012, seguidos por instancia da recorrente fronte a Tortoni, S.L., Soros Investiment Corporation Spain, S.L. e o Fogasa, a Sala, rexeitando a caducidade da acción apreciada na instancia, anula a sentenza e repón as actuacións ao momento do ditado daquela, co fin de que pola xuíz de instancia con total liberdade de criterio e facendo uso dos medios de proba que considere oportunos, dite unha nova que resolva a totalidade de cuestións formuladas. Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste TSX de Galicia, Sala do Social. Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para a unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta Sala do Social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala aberta en Banesto co nº 1552, e debe indicar no campo concepto «Recurso», seguida do código «35 social casación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o código «35 social casación». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Advírtese a parte en paradoiro ignorado que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou localizacións, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma a Soros Investiment Corporation Spain, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de localización, expido e asino este edicto.

A Coruña, 12 de decembro de 2013

A secretaria xudicial