Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 3 de xaneiro de 2014 Páx. 286

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 9 de decembro de 2013, da Área Provincial de Ourense, pola que se lles notifica ás persoas interesadas o trámite de audiencia no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante esta cédula notifícaselles aos interesados, cuxos datos e domicilio se mencionan no anexo, o trámite de audiencia no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia, tramitado ao abeiro do disposto no Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o dito rexistro.

Porén, en aplicación do disposto nos artigos 25 e seguintes do citado Decreto 1/2010, en trámite de audiencia pública, concédeselles un prazo de dez días contados desde o día seguinte a esta publicación para que poidan formular alegacións e presentar todos os documentos e xustificacións que consideren oportunos.

Ourense, 9 de decembro de 2013

José Manuel González García
Xefe da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Adriana Belmonte Vázquez-Iglesias.

Madrosende núm. 13, 32981 Beiro.

María Isabel Augusto Casado.

Rúa do Baño núm. 17-3º B, 32003 Ourense.

Pablo Noya Suárez.

Valle Inclán núm. 35-2º D, 32004 Ourense.