Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 3 de xaneiro de 2014 Páx. 285

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 5 de decembro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se lle notifica á persoa interesada o requirimento de emenda da solicitude para a cualificación provisional de 14 vivendas de protección autonómica de réxime xeral (expediente P09-VX-0006/12).

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se tentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da área provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia, 7, 1ª planta, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Pontevedra, 5 de decembro de 2013

(Decreto 317/2009, do 4 de xuño)
José Luís Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P09-VX-0006/12.

Nome: José Manuel García Barros.

Enderezo: rúa Leandro del Río Carnota, 9, 36005 Pontevedra.

Asunto: emenda da solicitude.