Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 3 de xaneiro de 2014 Páx. 287

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 12 de novembro de 2013, da Zona Sur de Portos de Galicia, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Unión Fenosa Distribución, S.A. de nova concesión administrativa de ocupación de terreos de dominio público portuario de Vilanova de Arousa para a regularización dunha liña de media tensión soterrada e centro de transformación existentes (expediente 13-05-12-C2).

Fernando Val López solicita, en nome e representación da empresa Unión Fenosa Distribución, S.A., a concesión administrativa de ocupación dunha parcela de terreos de dominio público portuario do porto de Vilanova de Arousa para a regularización dunha liña de media tensión soterrada e centro de transformación existentes, segundo o proxecto básico redactado en marzo de 2010 polo enxeñeiro industrial Rubén Menéndez Fernández.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 85.3 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20.10.2011), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto, 1-1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 12 de novembro de 2013

Mateo Ruibal Fernández
Enxeñeiro xefe da Zona Sur de Portos de Galicia