Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 3 de xaneiro de 2014 Páx. 288

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2013 por la que se fai público o cambio de financiamento, respecto do expediente de contratación Redacción do proxecto e execución das obras da nova lonxa no porto de Ribeira, aprobado no ano 2010, que pasa a ser cofinanciado polo Fondo Europeo de Pesca.

O presidente, actuando en nome e representación da entidade pública Portos de Galicia, segundo o previsto no artigo 6.3.a) da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación da entidade pública Portos de Galicia, acorda dar publicidade á Resolución do 9 de decembro, relativa ao cambio de financiamento respecto do expediente de contratación «Redacción do proxecto e execución das obras da nova lonxa no porto de Ribeira (A Coruña)», con clave CO-12-48-10-01, aprobado no ano 2010 e que actualmente se encontra en execución, que pasa a ser cofinanciado nun 75 % do seu importe polo Fondo Europeo da Pesca (FEP), no marco do programa operativo FEP Galicia 2007-2013, medida 3.3 «Portos de pesca, lugares de desembarque e fondeadoiros».

Esta publicación realízase a efectos de dar cumprimento ás prescricións establecidas no Regulamento (CE) nº 1198/2006, do Consello do 27 de xullo de 2006, relativo ao FEP, e o Regulamento (CE) nº 498/2007 da Comisión polo que se establecen as súas disposicións de aplicación.

En consecuencia, o adxudicatario da referida contratación quedará suxeito ao cumprimento das obrigas de información e publicidade comunitaria establecida na citada normativa.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2013

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia