Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 3 de xaneiro de 2014 Páx. 289

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2013 pola que se dá publicidade ao cambio de financiamento respecto dos expedientes de contratación que se citan, aprobados no ano 2012, que pasan a ser cofinanciados con fondos Feder da Unión Europea.

O presidente, actuando no nome e representación da entidade pública Portos de Galicia, segundo o previsto no artigo 6.3.a) da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación da entidade pública Portos de Galicia, acorda dar publicidade á Resolución do 2 de xaneiro de 2013, relativa ao cambio de financiamento respecto dos seguintes expedientes de contratación, aprobados no ano 2012 e que actualmente se atopan en execución, que pasaron a ser cofinanciados nun 80 % do seu importe polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) Galicia 2007-2013, medida 4.30. Portos:

1. Expedientes de contratación de obras, nos suxeitos a regulación harmonizada, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio:

a) Clave: PO-13-04-12-01. Dique aboiante para o abrigo do porto do Xufre (A Illa de Arousa-Pontevedra). Estado do expediente: en execución.

b) Clave: PO-13-07-12-01. Acondicionamento de peirao no porto de Tragove (Pontevedra). Estado do expediente: en execución.

Esta publicación realízase para os efectos de dar cumprimento ás prescricións establecidas no Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006 e no Regulamento (CE) 846/2009 da Comisión, do 1 de setembro de 2009.

En consecuencia, os contratistas das referidas contratacións quedarán suxeitos ao cumprimento das obrigas de información e publicidade comunitaria establecidas na citada normativa.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2013

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia