Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 2 de xaneiro de 2014 Páx. 19

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 27 de decembro de 2013 pola que se aproban os plans para a explotación dos poliquetos en Galicia para o ano 2014 e se regula o seu exercicio.

A Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, no seu artigo 2, establece que a política pesqueira galega ten por finalidade a viabilidade do sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola galego, garantindo a mellora das condicións de vida e traballo das persoas que se dedican a estas actividades mediante a explotación sustentable, equilibrada e responsable dos recursos baseada nun asesoramento científico sólido e tendo en conta os aspectos ambientais, económicos e sociais.

A Consellería do Medio Rural e do Mar é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma ao cal lle corresponde desenvolver, entre outras, as competencias e funcións en materia de ordenación pesqueira en augas interiores, marisqueo e acuicultura e, a través da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, a conservación, protección e xestión sustentable dos recursos marisqueiros.

A consellería, segundo o establecido no Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente sobre o permiso de explotación para exercer a actividade pesqueira e marisqueira, regulou a explotación deste recurso no litoral de Galicia mediante a Orde do 6 de febreiro de 1998 e, posteriormente, coa Orde do 18 de abril de 2006, os plans de explotación específicos para poliquetos.

A explotación dos poliquetos no litoral de Galicia vai aumentando ano tras ano debido á gran demanda destas especies para o seu uso como cebo na pesca deportiva, cun valor económico elevado e que constitúe para as persoas dedicadas ao marisqueo unha diversificación da súa actividade, que contribúe á mellora das súas rendas.

As especies que se explotan actualmente son:

Hediste diversicolor: miñoca.

Diopatra neapolitana: miñoca de tubo, casulo.

Lumbrineris impatiens: gabián.

Arenicola marina: mangón, miñoca de area.

Os plans de explotación aprobados van acompañados dun seguimento do recurso, de xeito que actualmente están perfectamente delimitados os bancos marisqueiros por especies susceptibles de seren explotados comercialmente, coñécense os niveis de capturas de cada unha e pode analizarse o resultado do esforzo pesqueiro a que están sometidos os ditos bancos.

Unha revisión bibliográfica da bioloxía das especies explotadas e o seguimento exhaustivo dos plans de explotación, que permite adecuar o esforzo extractivo ás características das poboacións existentes, levou a permitir durante o ano 2013 o aumento do período de extracción. A boa xestión do recurso nos plans de explotación vixentes, xunto co seguimento técnico permanente, permite continuar co incremento do período de actividade.

Dentro das entidades asociativas do sector que levan a cabo a explotación dos recursos, as mariscadoras a pé constitúen un colectivo moi importante. O desenvolvemento da actividade extractiva de poliquetos en todo o seu potencial, no marco dos plans de explotación, precisa que poida realizarse nas mesmas zonas, períodos e horario de traballo que a actividade marisqueira xeral. Esta complementariedade contribuirá de xeito importante á súa consolidación como especie alternativa no sector do marisqueo a pé.

O mecanismo de elaboración dos plans de explotación permítelles ás entidades asociativas do sector a participación activa na xestión dos recursos marisqueiros mediante a presentación dos plans. A Administración, co obxecto de tutelar o proceso, require os informes técnicos sobre os aspectos esenciais e, se procede, introduce as melloras necesarias, co fin de asegurar unha explotación sustentable dos recursos marisqueiros e acadar unha maior rendibilidade económica.

Polo tanto, examinados os plans de explotación remitidos polas entidades asociativas do sector, vistos os informes emitidos polos técnicos desta consellería, e de conformidade co disposto na normativa antes citada,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

O obxecto desta orde é aprobar os plans de explotación para poliquetos para o ano 2014 que foron elaborados polas entidades asociativas do sector, así como regular as solicitudes e o prazo para:

a) A captura de poliquetos como cebo nas embarcacións de pesca para o ano 2014.

b) A presentación dos plans de poliquetos para o ano 2015.

Artigo 2. Plans de explotación

Apróbanse os plans de explotación de poliquetos para o ano 2014 que se relacionan no cadro A. Os plans desenvolveranse conforme o establecido no artigo 3 desta orde e as instrucións que posteriormente se diten, de seren necesarias.

Artigo 3. As solicitudes e o prazo para a autorización para a extracción ao abeiro dos plans de explotación

1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través dos formularios normalizados dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica da Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

Alternativamente tamén se poderán presentar as solicitudes en formato papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando os formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia.

En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir a data de remisión.

2. O formulario normalizado a que se refire o número anterior correspóndese co anexo II desta orde.

3. Xunto coa solicitude achegaranse os datos de explotación do mes anterior necesarios para o seguimento e a xestión dos bancos, de acordo coas indicacións dos técnicos da consellería responsables de informar a solicitude.

A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Non será necesaria a achega destes datos sempre e cando estean dispoñibles na páxina de seguimento técnico habilitada para a consulta desta información.

4. As xefaturas territoriais, de acordo co previsto no plan de explotación, ditarán resolución autorice ou denegue a extracción e expresará as datas concretas da actividade e demais normas necesarias para o desenvolvemento do plan de explotación.

A falta de resolución expresa determinará a autorización presunta da actividade sempre que a solicitude se presentase dentro do prazo sinalado; doutra forma considerarase desestimada.

Artigo 4. Período autorizado para a captura de poliquetos

Con carácter xeral, durante o ano 2014, a extracción de poliquetos con carácter comercial poderá desenvolverse desde a data de entrada en vigor desta orde ata o 31 de decembro de 2014, podendo, a dirección xeral competente en marisqueo, modificar este prazo, se o considerase necesario, en función do estado do recurso.

Artigo 5. Requisitos para a extracción de poliquetos

1. Todas aquelas persoas que queiran dedicarse á extracción de poliquetos deberán figurar nun plan de explotación e estar en posesión dun permiso de explotación de poliquetos segundo o regulado no Decreto 425/1993, do 17 de decembro.

2. As persoas titulares dun permiso de explotación para o marisqueo a pé poderán desenvolver a actividade extractiva de poliquetos no mesmo período e horario que o marisqueo xeral, sempre que a zona de traballo o permita e así se recolla nos plans de explotación de poliquetos aprobados.

3. Segundo a Orde do 23 de abril de 1999 modificada pola do 13 de xuño de 2001, da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, pola que se regula o exercicio do mergullo profesional, a aprobación dos plans de explotación coa modalidade de mergullo implica a autorización para realizar o mergullo nas zonas e no período de vixencia daqueles, segundo as resolucións de apertura que sexan ditadas polas xefaturas territoriais da Consellería do Medio Rural e do Mar, sen prexuízo da correspondente aprobación para os efectos de seguridade, outorgada pola capitanía marítima correspondente, de acordo co establecido na Orde do 14 de outubro de 1997, do Ministerio de Fomento, que establece as normas de seguridade para o exercicio de actividades subacuáticas.

Artigo 6. As solicitudes para a captura de poliquetos como cebo nas embarcacións de pesca

1. As persoas armadoras das embarcacións que contan no permiso de explotación con modalidades de anzol e que estean utilizando poliquetos como cebo, deberán solicitar autorización para a súa captura.

2. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica da Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

Alternativamente tamén se poderán presentar as solicitudes en formato papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando os formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia.

En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir a data de remisión.

3. O formulario normalizado a que se refire o número anterior correspóndese co anexo III desta orde.

4. As solicitudes, que se dirixirán ás xefaturas territoriais correspondentes da Consellería do Medio Rural e do Mar, deberán presentarse cunha anticipación mínima de 10 días á data de inicio da actividade.

5. Non se poderán realizar extraccións naquelas zonas en que existan plans de explotación para outros recursos.

Artigo 7. A solicitude e o prazo para a presentación dos plans de explotación para poliquetos para o ano 2015

1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica da Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

Alternativamente tamén se poderán presentar as solicitudes en formato papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando os formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia.

En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir a data de remisión.

2. O formulario normalizado a que se refire o número anterior correspóndese co anexo I desta orde. Xunto co formulario debe presentarse o plan de explotación.

A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente do formulario principal, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

3. As entidades asociativas do sector dirixirán as solicitudes á dirección xeral competente en materia de marisqueo antes do 1 de novembro de 2014.

As solicitudes estarán asinadas polo representante legal da entidade. No suposto de que a solicitude sexa para un plan conxunto, esta virá asinada ben por todos os representantes legais das entidades integrantes ou ben constará o acordo de delegación expresa de nomeamento do representante.

4. As xefaturas territoriais, como órganos responsables da tramitación da solicitude, comprobarán que reúnen todos os requisitos. En caso contrario, requiriranse as entidades para que, nun prazo de 10 días, remitan cantos datos, documentos complementarios e aclaracións se consideren necesarios para avaliar a solicitude do plan de explotación. Se así non o fixeren, considerarase que desistiron da súa petición logo da resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

5. A documentación requirida para a emenda da solicitude deberá ser presentada por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

6. Non se aplicará o disposto no parágrafo 4 ás solicitudes que non acheguen como mínimo os aspectos sinalados no artigo 2 da Orde do 18 de abril de 2006 e que se relacionan a continuación, que poderán ser inadmitidas, logo da correspondente resolución:

a) Obxectivos de explotación:

1º. Obxectivos de produción en quilos por especie de poliquetos ao longo do ano.

2º. Obxectivos económicos.

3º. Número de participantes no plan.

b) Avaliación do recurso.

c) Plan de extracción e comercialización:

1º. Datas previstas para a extracción das distintas especies.

2º. Número de días máximos de actividade.

3º. Tope de captura por mariscador/a para cada especie e día.

4º. Formas de comercialización.

5º. Normas de comercialización.

d) Plan financeiro.

6. Os plans de explotación para poliquetos serán aprobados na orde da Consellería do Medio Rural e do Mar pola que se aproban os plans de explotación de poliquetos, con anterioridade ao inicio do ano.

Disposición derradeira primeira. Consulta dos plans de explotación

Os plans de explotación presentados polas entidades que serviron de base para esta orde estarán dispoñibles nos servizos centrais, xefaturas territoriais correspondentes da Consellería do Medio Rural e do Mar, así como na sede das entidades responsables destes, sen prexuízo do cumprimento da Lei 15/1999, de protección de datos de carácter persoal. Os datos mínimos sobre os plans de explotación aprobados estarán dispoñibles na páxina web http://www.medioruralemar.xunta.es

Disposición derradeira segunda. Facultade de desenvolvemento

Autorízase a persoa titular da dirección xeral competente en materia de marisqueo para o desenvolvemento desta orde e, co obxecto da mellora da xestión dos recursos marisqueiros e na procura dunha explotación sustentable destes, para a adopción de medidas de regulación necesarias en función do estado dos recursos e dos informes emitidos polos técnicos, e tras consultar o sector.

Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2013

Rosa Mª Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar

Cadro A: plans de explotación de poliquetos

Provincia de Lugo

Entidade(1)

Modalidade(2)

Especies(3)

Zona de traballo

Días máx. extracción

Épocas probables de extracción

Puntos de control

A.M. San Cosme

A pé

Am

Bancos de Fondás e O Taro

50

De xaneiro a decembro

Fondás, O Taro e Esteiro

Provincia da Coruña

A.M. Fonte de Santa Helena de Baldaio

A pé

Am

Lagoa externa de Baldaio

40

De xaneiro a decembro

Fonte de Santa Helena

C.P. A Coruña

A pé

MA

MSAS

Am

Li

Pedra do Sal; Leira (campo de fútbol); Leira; Leira, (entre Leira e Caión); Caión (praia da Salseira); Barrañán (O Reloxeiro); Valcovo Pequeno (praia de Valcovo Pequeno ata Pedra Herba); Ripibello; Os Castelos; praia de Sabón (A Térmica); Suevos (porto de Suevos ata a fábrica Ártabra); Bens (praia da refinaría); Bens (illa Redonda); O Portiño; Riazor/Orzán; San Amaro; Bastiagueiro Pequeno

155

De xaneiro a decembro

Zona de Suevos-fábrica Ártabra

C.P. Camelle, Corme, Laxe e Malpica (plan conxunto)

A pé

MA

MSAS

Li

De punta Gallada ás lagoas de Baldaio (excluídas) agás as praias de Laxe, as Illas Sisargas

170

De xaneiro a decembro

Peiraos de Corme, Camelle, Malpica de Bergantiños e Laxe

C.P. Corcubión

MA

MSAS

Am

Hd

Li

De punta Pión a punta Caneliñas; de cabo Cee a cabo da Nasa

30

De marzo a outubro

Porto de Corcubión

C.P. Espasante

A pé

Am

Dn

Peirao Ladrido-Comboa, praia de Cabalar e punta Cabalar-Mexilloal

77

De marzo a outubro

Peiraos de Ortigueira, Ladrido e Cabalar

C.P. Ferrol

A pé

MSAS

Am

Hd

Li

Desde a ponte do tren ata o faro de punta Frouxeira

A pé: 96

MSAS: 131

De marzo a outubro

Praias de Doniños, San Xurxo, Santa Comba e peirao de Ferrol

C.P. Lira

A pé

Li

Hd

Am

Da desembocadura do río Larada á punta Insua

100

De xaneiro a decembro

Peirao de Lira

C.P. Lira

MA

MSAS

Li

Hd

Am

Da desembocadura do río Larada á punta Insua

70

De abril a outubro

Peirao de Lira

C.P. Miño

A pé

Am

Dn

Hd

Li

Souto, Lombo de Castelo de Souto; río Láncara; Salinas; río Morto; Lombo do Castelo do Pedrido; punta praia Xurela; praia pequena de Miño (Cebado); praia pequena de Miño (Couce) e Lombo de Espiñeira. Ponte do Porco; final praia Grande; Seixas e río Bañobre

140

De xaneiro a decembro

Porto-praia pequena de Miño

C.P. Muros

MA

MSAS

Am

Hd

Li

De punta Insua a punta Uhía

124

De marzo a decembro

Faro de Monte Louro, Ancoradoiro e peirao de Muros

C.P. O Pindo

A pé

Am

Dn

Hd

Li

Praia de San Pedro, de punta do Portiño a praia de Cornabecerra; punta Caldebarcos e Pozo das Centolas, praias de Area Branca, Lires, O Rostro, Mar de Fóra e Arnela

176

De xaneiro a decembro

Porto do Pindo e praia do Rostro

C.P. Porto do Son

A pé

Am

Dn

Hd

Li

De punta Cabeiro a punta Magrío; de punta Castro a río Sieira

132

De xaneiro a decembro

Praia de Cabeiro, peirao de Porto do Son, praia Arnela, praia de Arealonga, Porcalleira e río Sieira

C.P. Porto do Son

MA

MSAS

Am

Dn

Hd

Li

De punta Cabeiro a punta Magrío; de punta Castro a río Sieira

132

De xaneiro a decembro

Peirao de Porto do Son

Provincia de Pontevedra

C.P. Aldán-Hío

A pé

Am

Dn

Hd

Li

Praia de San Cibrán; praia de Vilariño; O Cagallón; Area Brava e Castiñeiras

36

De marzo a outubro

Praia de San Cibrán e instalacións da confraría

C.P. Cambados

A pé

Am

Dn

Hd

Saco de Fefiñáns; Pantalán; Fefiñáns;

O Varal; Bebedeiros; Medio do Sarrido; Illeira

180

De xaneiro a decembro

Pendello de Ribeira da Mouta e instalacións da confraría

C.P. Cangas

MA

MSAS

Am

Dn

Hd

Li

De praia do Sinal á punta Vixía

80

De xaneiro a decembro

Zona de traballo e rampla da lonxa de Cangas

C.P. Portonovo

A pé

Li

Praia Faxilda (ou Pociñas); praia de Pragureira; praia de Bascuas; praia de Montalvo; praia Canelas

140

De xaneiro a decembro

Praia de Bascuas

C.P. Redondela

A pé

Dn

Hd

A Portela (de punta Monte Gordo a punta do Socorro) e praia de Barra

130

De xaneiro a decembro

A Portela e instalacións da confraría

C.P. Vilaboa

A pé

Am

Dn

Hd

Cabalo, Deilán, río Maior, Santo Adrán (norte)

50

De xaneiro a decembro

Peirao de Santa Cristina de Cobres

C.P. Vilanova

MA

Dn

As Sinas; Con Grande; Carballas; Negrenlas

92

De abril a outubro

Embarcación na zona de traballo e instalacións da confraría

(1) Entidade

(2) Modalidade

Abreviatura

Abreviatura

A.M.

Asociación de mariscadoras

MA

Mergullo en apnea

C.P.

Confraría de pescadores

MSAS

Mergullo con subministración de aire desde superficie

(3) Especies:

Abreviatura

Nome científico

Nome común

Am

Arenicola marina

Mangón, miñoca de area

Dn

Diopatra neapolitana

Miñoca de tubo, casulo

Hd

Hediste diversicolor

Miñoca

Li

Lumbrineris impatiens

Gabián

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file