Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 2 de xaneiro de 2014 Páx. 35

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 10 de decembro de 2013 pola que se resolve parcialmente a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), anunciada pola Orde do 18 de novembro de 2013.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), anunciada pola Orde do 18 de novembro de 2013 (Diario Oficial de Galicia nº 221, do 19 de novembro), de conformidade co establecido no artigo 29.2º do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4º do referido decreto lexislativo, esta Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DISPÓN:

Primeiro. Resolver parcialmente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), anunciada pola Orde do 18 de novembro de 2013 (Diario Oficial de Galicia nº 221, do 19 de novembro).

Segundo. Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, e seleccionar os/as funcionarios/as que se relacionan no anexo desta orde.

Terceiro. O cesamento no destino actual do/a funcionario/a que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o/a funcionario/a preste servizos, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e o disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, se é o caso, fosen concedidas ao/a interesado/a. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. A xefatura do centro en que cause baixa o/a funcionario/a, así como daquel en que obteña destino consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Quinto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, o/a interesado/a poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2013

P.D. (Orde do 12.11.2013; DOG nº 219, do 15 de novembro)
Valeriano Martínez García
Secretario xeral da Presidencia

Anexo

Apelidos e nome: Barros Leboreiro, Jaime.

NRP: 3491481335 A205G.

Grupo: A1.

Denominación do posto de traballo: Xefatura do Departamento de Implantación e Xestión do Cambio.

Código: PX.A11.00.004.15770.060.

Corpo/escala: xeral/especial/xeral (escala informática)/estatutario Servizo Galego de Saúde (escala informática).

Nivel: 28.

Dependencia: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Localidade: Santiago de Compostela.