Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Martes, 31 de decembro de 2013 Páx. 53199

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1338/2012).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial accidental do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1338/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Gala Robles Vázquez contra a empresa Punkt Noll, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de salarios ditouse sentenza, cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Gala Robles Vázquez contra a entidade Punkt Noll, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Punkt Noll, S.L. a que aboe á demandante a cantidade de 1.437,36 euros brutos polos salarios devindicados en febreiro e marzo de 2012, ademais da compensación económica polas vacacións non gozadas nese ano 2012, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún. Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación á empresa Punkt Noll, S.L. en ignorado paradoiro, expido e asino o presente.

A Coruña, 9 de decembro de 2013

A secretaria xudicial