Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Martes, 31 de decembro de 2013 Páx. 53194

III. Outras disposicións

Axencia Tributaria de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2013 pola que se actualizan os anexos V, VI e VII da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992, pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a utilización de efectos timbrados para o pagamento das taxas por servizos administrativos de compulsa de documentos e de verificación de suficiencia e documentos acreditativos de lexitimación.

Para unha adecuada aplicación das taxas e os prezos da Comunidade Autónoma de Galicia a orde a que fai referencia o título desta resolución procedeu a codificar tanto as diferentes taxas como os servizos xestores que as aplican.

Ao longo do ano promulgáronse unha serie de normas que viñeron crear ou modificar as tarifas existentes, razón pola que mediante esta resolución se procede revisar as codificacións recollidas na orde citada, consonte coa autorización contida no parágrafo 2 da disposición adicional da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992.

RESOLVO:

Primeiro. Actualizar o anexo VI da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992, do xeito seguinte:

a) Engadindo os códigos relacionados a seguir, de maneira que se insiran no lugar que lles corresponda segundo a orde preestablecida:

30.04.01

Expedición de certificados o diplomas

30.04.02

Expedición de duplicados de certificados ou diplomas

30.51.06

Comunicación de instalación de máquinas auxiliares de apostas

30.55.00

Autorizacións de parques zoolóxicos

30.55.01

Apertura

30.55.02

Ampliación

30.56.00

Autorizacións de captura de aves frinxílidas

31.04.10

Autorización de estacións de inspeccións técnicas de equipamentos de aplicación de produtos fitosanitarios

31.08.04

Actuacións extraordinarias dos veterinarios oficiais de Galicia, a demanda dos establecementos

31.44.07

Toma de mostras de mexillón cultivado en viveiros flotantes (€/mostraxe)

31.50.07

Certificados de eficiencia enerxética do edificio existente para vivenda unifamiliar ou vivenda individual en bloque

31.50.08

Certificados de eficiencia enerxética do edificio existente para edificios de vivenda

31.50.09

Certificados de eficiencia enerxética do edificio existente para edificios destinados a outros usos (non residenciais)

31.51.00

Inspección e expedición do certificado do equipamento de pesca, por petición do interesado, realizada por persoal ao servizo da Subdirección Xeral de Gardacostas

32.19.13

Rexistro de instalacións de almacenamento de produtos químicos (APQ)

32.19.14

Rexistro de instalacións con equipamentos de presión

32.25.20

Analizadores de gases de escape

32.25.21

Opacímetros

32.25.22

Instrumentos de medidas de son: sonómetros

32.25.23

Instrumentos de medidas de son: calibradores acústicos

32.25.24

Instrumentos de medidas de son: medidores persoais de exposición sonora

32.25.25

Verificación de instrumentos sometidos a control meteorolóxico

32.25.26

Instrumentos destinados a medir a concentración de alcohol no aire aspirado. Verificación tras a reparación ou modificación de etilómetros

32.25.27

Instrumentos destinados a medir a velocidade de circulación de vehículos de motor: Verificación periódica de cinemómetros estáticos

32.25.28

Instrumentos destinados a medir a velocidade de circulación de vehículos de motor: Verificación periódica de cinemómetros móbil

32.25.29

Instrumentos destinados a medir a velocidade de circulación de vehículos de motor: Verificación periódica de cinemómetros tramo

32.25.30

Instrumentos destinados a medir a velocidade de circulación de vehículos de motor: Verificación tras a reparación ou modificación de cinemómetros estáticos

32.25.31

Instrumentos destinados a medir a velocidade de circulación de vehículos de motor: Verificación tras a reparación ou modificación de cinemómetros móbil

32.25.32

Instrumentos destinados a medir a velocidade de circulación de vehículos a motor: Verificación tras a reparación ou modificación de cinemómetros tramo

32.25.33

Instrumentos destinados a medir a velocidade de circulación de vehículos de motor: Verificación de cabinas

32.25.34

Contadores de máquinas recreativas e de azar

32.26.05

Realización de informes técnicos e actuacións facultativas realizadas por persoal técnico ao servizo da Administración xeral e das entidades públicas instrumentais dependentes dela, en relación co levantamento de instrumentos de medida para a súa posterior verificación

32.37.07

Solicitude de modificación dos anteproxectos dos parques eólicos admitidos a trámite e/ou instalacións de conexión, así como dos plans industriais

32.69.06

Autorizacións ou habilitacións de organismos autorizados de verificación metrolóxica, organismos notificados e organismos de control metrolóxico

32.69.07

Rexistro, modificacións, ampliacións e traslados de organismos autorizados de verificación metrolóxica, organismos notificados e de control metrolóxico

32.77.00

Tramitación de expedientes mineiros, augas minerais ou termais e voaduras

32.77.01

Tramitación de expedientes de solicitude de participación en concursos mineiros

32.77.02

Tramitación de expedientes en materia de augas minerais e termais, con exclusión dos gastos relativos á información pública

b) Modificando os códigos seguintes:

30.04.00

Expedición de certificados e diplomas

30.51.05

Autorización de instalación e localización de máquinas auxiliares de apostas (en locais de hostalaría). Por cada máquina auxiliar instalada

31.07.12

Por servizos facultativos veterinarios correspondentes á autorización e control das plantas e industrias relacionadas cos subprodutos de orixe animal non destinados a consumo humano, consonte ao Regulamento 1069/2009, do 21 de outubro

31.07.25

Autorizacións en materia de hixiene dos pensos consonte ao Regulamento (CE) nº 183/2005, do 12 de xaneiro, de fabricantes e establecementos intermediarios

31.22.03

Declaración responsable e modificación da declaración responsable, de laboratorios de ensaios de control de calidade e de entidades de control de calidade da edificación

32.18.00

Autorización/rexistro de instalacións de transporte e distribución de enerxía eléctrica e gas

32.25.01

Aparellos, instrumentos ou sistemas de medida que non teñan taxa específica. Neste caso non se inclúe a tarifa do ensaio, que deberá ser aboada ao laboratorio designado pola Administración

32.26.01

Verificación de instrumentos de medida realizada por un laboratorio designado pola Administración. Non se inclúe a tarifa do ensaio nin os portes, de ser o caso, que deberán ser aboados directamente ao laboratorio designado pola Administración

32.55.01

Operacións de ensaio de ouro e, de ser o caso, contraste

32.55.02

Operacións de ensaio de platino e, de ser o caso, contraste

32.55.03

Operacións de ensaio de prata e, de ser o caso, contraste

32.64.00

Execución subsidiaria en expedientes de dominio público hidráulico. A base impoñible da taxa será o custo total da execución.

O tipo será o 25 % da base impoñible.

c) Eliminando os códigos seguintes:

32.17.00

Rexistro de instalacións con equipamentos de presión

32.25.11

Instrumentos de contaxe de persoas

32.25.12

Contadores de máquinas recreativas

32.25.13

Instrumentos de medida de son: sonómetros, calibradores acústicos e medidores persoais de exposición sonora.

32.25.14

Instrumentos de medida de velocidade: cinemómetros.

32.25.15

Opacímetros e analizadores de gases de escape

32.25.17

Medidores de concentración de alcohol en aire expirado: etilómetros

32.25.18

Refractómetros

32.58.00

Rexistro de entidades en materia de control metrolóxico

32.58.02

Autorizacións ou habilitacións de organismos autorizados de verificación metrolóxica, organismos notificados e organismos de control metrolóxico

32.58.03

Rexistro, modificacións, ampliacións e traslados de organismos autorizados de verificación metrolóxica, organismos notificados e de control metrolóxico

Segundo. Actualizar o anexo VII da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992, engadindo a entidade:

Evo Banco

Terceiro. Actualizar o anexo I e II da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 29 de xuño de 1994, engadindo os seguintes códigos:

353000

Ensinanzas deportivas

353100

Servizos de residencia e comedor nos centros de formación agroforestal

353101

Residencia en pensión completa

353102

Residencia en pensión completa por día

353103

Xantar por bono semanal de cinco días

353104

Xantar diario non regular

353200

Servizos de residencia e comedor nos centros de formación marítimo-pesqueira

353201

Residencia en pensión completa

353202

Residencia en pensión completa por día

353203

Xantar por bono semanal de cinco días

353204

Xantar diario non regular

353300

Matrícula dos cursos na Aula de Seguridade e Salvamento de Ferrol

353301

Formación básica de seguridade (teórico)

353302

Prácticas formación básica de seguridade

353303

Avanzado en loita contra incendios

353304

Embarcación de supervivencia e botes de rescate (non avanzado)

364400

Actividades dirixidas a menores de idade

364500

Limpeza e desinfección de transporte por estrada no sector gandeiro

364600

Servizos prestados polo Laboratorio de Metroloxía de Galicia

E modificando a denominación do prezo:

363500

Venda de follas de reclamacións

Cuarto. Esta resolución entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2014.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2013

Ulpiano L. Villanueva Rodríguez
Director da Axencia Tributaria de Galicia