Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Martes, 31 de decembro de 2013 Páx. 53209

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 18 de decembro de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se publica a Resolución do 9 de decembro de 2013 que actualiza oitenta e sete (87) autorizacións ambientais integradas, de conformidade co disposto na Lei 5/2013, do 11 de xuño, pola que se modifican a Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, e a Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados.

De conformidade coa disposición transitoria primeira da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, o órgano competente para o outorgamento das autorizacións ambientais integradas realizará as actuacións necesarias para a actualización das autorizacións para a súa adecuación á Directiva 2010/75/CE, do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de novembro, sobre emisións industriais, con anterioridade ao 7 de xaneiro de 2014; procederá á publicación destas no boletín oficial correspondente e deixará constancia da súa adaptación á Directiva 2010/75/CE, do 24 de novembro.

Atendendo ao anteriormente exposto, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve publicar a seguinte resolución de actualización que afecta oitenta e sete (87) autorizacións ambientais integradas.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2013

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

Resolución do 9 de decembro de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se actualizan oitenta e sete (87) autorizacións ambientais integradas, de conformidade co disposto na Lei 5/2013, do 11 de xuño, pola que se modifican a Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, e a Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados.

Antecedentes de feito

Primeiro. As instalacións referidas no anexo I desta resolución contan con autorización ambiental integrada.

Segundo. O 12.6.2013 foi publicada no Boletín Oficial del Estado (núm. 140) a Lei 5/2013, do 11 de xuño, pola que se modifican a Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, e a Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados.

Terceiro. Esta lei incorpora diferentes medidas, entre outras, a obriga de actualizar, antes do 7 de xaneiro de 2014, aquelas autorizacións ambientais integradas que no momento da entrada en vigor da norma non conteñan as prescricións explícitas recollidas nesa lei.

Cuarto. De acordo co punto 2 da disposición transitoria primeira da Lei 16/2002, do 1 de xullo, considéranse actualizadas as autorizacións ambientais integradas actualmente en vigor que conteñan prescricións explícitas relativas a:

– Incidentes e accidentes.

– Incumprimento das condicións das autorizacións ambientais integradas.

– No caso de xeración de residuos, a aplicación da xerarquía de residuos establecida no artigo 4.1.b).

– Se é o caso, o informe mencionado no artigo 12.1.f) desta lei, que deberá ser tido en conta para o peche da instalación.

– As medidas que se tomarán en condicións de funcionamento diferentes ás normais.

– De ser o caso, os requisitos de control sobre o solo e as augas subterráneas;

– Cando se trate dunha instalación de incineración ou coincineración:

– Os residuos que trate a instalación relacionados segundo a lista europea de residuos e

– Os valores límite de emisión que regulamentariamente se determinen para este tipo de instalacións.

Quinto. Co obxecto de dar cumprimento á alínea f) do número 1 do artigo 12, procedeuse a realizar unha análise tanto do contido das autorizacións ambientais integradas como de toda a información dispoñible en materia de solos e augas subterráneas en relación con esas instalacións, e considérase que esta é suficiente.

Sexto. Por outra banda, unha vez revisado o contido das autorizacións ambientais integradas, conclúese que procede incorporarlles as condicións que se recollen no anexo II desta resolución.

Sétimo. Así mesmo, procede dar cumprimento ao disposto no artigo 1.19 da Lei 5/2013, do 11 de xuño, que elimina o antigo artigo 25 dedicado á renovación da autorización ambiental integrada.

Oitavo. De conformidade co artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notificóuselles aos titulares o contido da proposta da presente resolución, para que puidesen presentar os documentos e xustificacións que considerasen pertinentes no prazo establecido. Os titulares non formularon alegacións.

Fundamentos de dereito

Primeiro. A disposición transitoria primeira da Lei 5/2013, do 11 de xuño, pola que se modifican a Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, e a Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados, establece que o órgano competente para o outorgamento das autorizacións ambientais integradas levará a cabo as actuacións necesarias para a actualización das autorizacións para a súa adecuación á Directiva 2010/75/CE, do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de novembro, sobre emisións industriais, con anterioridade ao 7 de xaneiro de 2014.

Segundo. A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental é o órgano competente para a tramitación e o seguimento das autorizacións ambientais integradas, de conformidade co disposto no Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Habida conta do anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Actualizar as autorizacións ambientais integradas relacionadas no anexo I incorporándolles as condicións recollidas no anexo II desta resolución. No caso de producirse contradición co contido da autorización ambiental integrada, prevalecerá o disposto no dito anexo II.

As condicións desta autorización revisaranse nun prazo de catro (4) anos a partir da publicación das conclusións relativas ás mellores técnicas dispoñibles, en canto á súa principal actividade, e, no seu defecto, cando os avances nas mellores técnicas dispoñibles permitan unha redución significativa das emisións, salvo que se produzan antes do prazo indicado modificacións substanciais que obriguen á súa modificación ou que se incorra nalgún dos supostos de revisión de oficio recollidos no artigo 25 da Lei 16/2002, do 1 de xullo.

Segundo. Eliminar os puntos da resolución referentes ao prazo de vixencia e ás condicións de revisión de oficio das resolucións de autorización ambiental integrada das instalacións referidas no anexo I.

As referencias ao articulado da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, na súa anterior versión, enténdense adaptadas ao actual articulado da dita lei.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, no prazo dun mes, recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, de conformidade co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2013

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO I

1. Granxa de polos de engorda no termo municipal de Portomarín, provincia de Lugo, con número de rexistro 2004/0071_AIA/IPPC_022, a favor de Aviporto, S.L.

2. Granxa de porcos de ceba no concello de Forcarei, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2003/0263_AIA/IPPC_024, a favor de Excorrigal, S.L.

3. Granxa de porcas reprodutoras no concello de Melide, provincia da Coruña, con número de rexistro 2006/0186_NAA/IPPC_026, a favor de Hermanos García Mato, C.B.

4. Granxa de porcos de ceba e a súa ampliación no termo municipal de Castro de Rei, provincia de Lugo, con número de rexistro 2006/0287_AIA/IPPC_043, a favor de Torre de Núñez de Conturiz, S.L.

5. Granxa de ceba de porcos situada na Lama-Saa, no termo municipal de Dozón, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2006/0396_NAA/IPPC_050, a favor de Pedro Gallego Lois.

6. Granxa porcina sita en A Baíña, no termo municipal de Agolada, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2006/0409_NAA/IPPC_053, a favor de Nutrimentos Deza, S.A.

7. Granxa de porcas nai situada en Piñeiro, no termo municipal de Silleda, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2006/0407_NAA/IPPC_055, a favor de Ofelia Recimil García.

8. Granxa de ceba de porcos con capacidade para 4.000 animais, no termo municipal de Silleda, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2006/0397_NAA/IPPC_056, a favor de Javier Muíños Dapena.

9. Granxa de porcas en ciclo pechado situada no lugar de Achacán-Pescoso, no termo municipal de Rodeiro, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2007/0034_NAA/IPPC_057, a favor de Explotaciones Porcinas Achacán, S.C.

10. Granxa porcina de ceba situada en Guntín de Pallarés, no termo municipal de Guntín, provincia de Lugo, con número de rexistro 2006/0399_NAA/IPPC_058, a favor de Beatriz Anunciación Rodríguez Vázquez.

11. Granxa de porcas de cría no concello de Dozón, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2006/0064_NAA/IPPC_066, a favor de Adolfo Campos Panadeiros.

12. Granxa de porcas reprodutoras no concello de Lalín, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2006/0398_NAA/IPPC_067, a favor de Hermanos Campos, S.L.

13. Granxa de ceba e a súa ampliación, no termo municipal de Ponteceso, provincia da Coruña, con número de rexistro 2006/0042_AIA/IPPC_069, a favor de Souto López, S.C.

14. Granxa de galiñas poñedoras no concello de Dozón, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2006/0402_NAA/IPPC_070, a favor de Avícola Tratante, S.L.

15. Granxa con capacidade para 2.300 porcos de ceba no termo municipal de Abegondo, provincia da Coruña, con número de rexistro 2006/0406_NAA/IPPC_076, a favor de Dolores Barreiro Mantiñán.

16. Granxa porcina con capacidade para 1.500 porcas nai no Croio-Gonzar no termo municipal do Pino, provincia da Coruña, con número de rexistro 2006/0410_NAA/IPPC_077, a favor de Nutrimentos Deza, S.A.

17. Granxa de porcos de ceba no concello de Dozón, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2006/0404_NAA/IPPC_083, a favor de Julia Cagide Varela.

18. Granxa de porcos de ceba no concello de Dozón, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2006/0405_NAA/IPPC_084, a favor de Mª del Carmen Payo Castro.

19. Granxa de galiñas poñedoras no concello de Campo Lameiro, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2007/0022_NAA/IPPC_085, a favor de Avícola Rías Baixas, S.L.

20. Granxa de porcas reprodutoras no concello de Sobrado, provincia da Coruña, con número de rexistro 2007/0036_NAA/IPPC_086, a favor de Grupo Altopaso, S.L.

21. Granxa porcina de recría situada no lugar de Baloira-Santa Mariña de Brañas, no termo municipal de Toques, provincia da Coruña, con número de rexistro 2007/0033_NAA/IPPC_092, a favor de Hermenegildo Monforte Royo.

22. Granxa de galiñas poñedoras en Pico Sacro, no lugar de Milleirós-A Gaiosa, no termo municipal de Boqueixón, provincia da Coruña, con número de rexistro 2006/0412_NAA/IPPC_093, a favor de José Mejuto Porral.

23. Granxa porcina de ceba no lugar de Parada de Ribeira, no termo municipal de Xinzo de Limia, provincia de Ourense, con número de rexistro 2007/0133_NAA/IPPC_094, a favor de Jaime Opazo Blanco y Otros, S.C.

24. Granxa de ceba de porcos situada en Seteventos, no termo municipal de Sarria, provincia de Lugo, con número de rexistro 2006/0411_NAA/IPPC_095, a favor de Explotaciones Mapar, S.L.

25. Granxa destinada á produción de leitóns de ata 20 kg en Vizoño, no termo municipal de Abegondo, provincia da Coruña, con número de rexistro 2007/0004_NAA/IPPC _097, a favor de Exporgondo, S.L.

26. Granxa con capacidade para 209.120 galiñas poñedoras situada no lugar de Vilaguillulfe, parroquia de Cartelos, no termo municipal de Carballedo, provincia de Lugo, con número de rexistro 2006/0401_NAA/IPPC_096, a favor de Alberto Vázquez Vázquez.

27. Granxa de porcos de ceba no concello de Piñor, provincia de Ourense, con número de rexistro 2005/0486_AIA/IPPC_098, a favor de José Benito García Rodríguez.

28. Granxa para 200.000 broilers no termo municipal de Meis, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2006/0403_NAA/IPPC_099, a favor de Avícola de Galicia, S.A.U.

29. Granxa de porcos, no termo municipal de Sarreaus, provincia de Ourense, con número de rexistro 2006/0030_NAA/IPPC_103, a favor de Pérez Rúa, C.B.

30. Granxa de porcas reprodutoras O Bouzo, no concello de Baltar, provincia de Ourense, con número de rexistro 2007/0085_NAA/IPPC_110, a favor de Cooperativas Orensanas, S.C.G. (Coren).

31. Granxa de porcas reprodutoras Casadovento, no concello de Parada de Sil, provincia de Ourense, con número de rexistro 2007/0088_NAA/IPPC_111, a favor de Cooperativas Orensanas, S.C.G. (Coren).

32. Granxa de porcas reprodutoras Covelo, no concello de Maceda, provincia de Ourense, con número de rexistro 2007/0087_NAA/IPPC_112, a favor de Cooperativas Orensanas, S.C.G. (Coren).

33. Granxa de ceba de porcos Canal e Fuciños, no termo municipal de Sarreaus, provincia de Ourense, con número de rexistro 2007/0082_NAA/IPPC_114, a favor de Sociedad Cooperativa Alta Pedra, S.C.G.

34. Granxa de porcos de ceba no concello de Sandiás, provincia de Ourense, con número de rexistro 2007/0040_NAA/IPPC_121, a favor da Diocese de Ourense.

35. Granxa de ceba de polos no termo municipal de Sarreaus, provincia de Ourense, con número de rexistro 2007/0091_NAA/IPPC_122, a favor de Cooperativa Alta Pedra, S.C.G.

36. Granxa porcina no concello de Abegondo, provincia da Coruña, con número de rexistro 2007/0039_NAA/IPPC_129, a favor de Exporgondo, S.L.

37. Granxa avícola no concello de Taboadela, provincia de Ourense, con número de rexistro 2007/0049_NAA/IPPC_133, a favor de Granja Amistad de Orense, C.B.

38. Granxa de polos de engorda situada no lugar de Moimentos-As Lagoas-Piúca, no termo municipal de Maceda, provincia de Ourense, con número de rexistro 2007/0094_NAA/IPPC_139, a favor de Cooperativa A Ponte, S.C.G.

39. Granxa de galiñas poñedoras e de recría, situada na parroquia de Ulloa, no termo municipal de Palas de Rei, provincia de Lugo, con número de rexistro 2007/0035_NAA/IPPC_140, a favor de Granja Campomayor, S.A.

40. Granxa de ceba de pavos situada no lugar de Vilela, no termo municipal de Cualedro, provincia de Ourense, con número de rexistro 2007/0095_NAA/IPPC_141, a favor de Unión de Inversiones Miño, S.A. (Unimiño).

41. Granxa de polos de ceba no concello de Xinzo de Limia, provincia de Ourense, con número de rexistro 2007/0051_NAA/IPPC_152, a favor de Cooperativa Agroganadera de A Piúca, S.C.G.

42. Granxa de polos de engorda no concello de Cualedro, provincia de Ourense, con número de rexistro 2007/0053_NAA/IPPC_153, a favor de Cooperativa Agroganadera de Seoane, S.L.

43. Granxa de porcas reprodutoras no concello de Amoeiro, provincia de Ourense, con número de rexistro 2007/0071_NAA/IPPC_155, a favor de Cooperativas Orensanas, S.C.G. (Coren).

44. Explotación avícola de produción de ovos para cría situada en Vales, no concello de Amoeiro, provincia de Ourense, con número de rexistro 2007/0077_NAA/IPPC_156, a favor de Sociedad Cooperativa Unimiño, S.C.G.

45. Granxa de porcas reprodutoras no concello da Peroxa, provincia de Ourense, con número de rexistro 2007/0079_NAA/IPPC_157, a favor de Cooperativas Orensanas, S.C.G. (Coren).

46. Granxa de porcas reprodutoras Granxa Fontearcada, no concello dos Blancos, provincia de Ourense, con número de rexistro 2007/0083_NAA/IPPC_158, a favor de Cooperativa Agroganadera de A Piúca, S.C.G.

47. Granxa de polos de ceba no concello de Maceda, provincia de Ourense, con número de rexistro 2007/0084_NAA/IPPC_159, a favor de Cooperativa Agroganadera de A Piúca, S.C.G.

48. Granxa avícola no concello de Porqueira, provincia de Ourense, con número de rexistro 2007/0097_NAA/IPPC_161, a favor de Cooperativa Agrícola Ganadera de Ourense, S.C.G.

49. Granxa de porcos situada no lugar de Prado Grande-Cortegada, no termo municipal de Sarreaus, provincia de Ourense, con número de rexistro 2006/0198_AIA/IPPC_178, a favor de José Cid y Otros, C.B.

50. Granxa porcina, no termo municipal de Curtis, provincia da Coruña, con número de rexistro 2007/0038_NAA/IPPC_181, a favor de General Ganadera Gallega, S.A.

51. Granxa porcina de cría Granxa A Chaira, no concello de Celanova, provincia de Ourense, con número de rexistro 2007/0092_NAA/IPPC_182, a favor de Cooperativas Orensanas, S.C.G. (Coren).

52. Granxa de gando porcino no concello de Ponteceso, provincia da Coruña, con número de rexistro 2007/0283_NAA/IPPC_184, a favor de Granxa A Xesteira, S.C.

53. Granxa avícola de polos de engorda en Folgoso, no termo municipal de Sarreaus, provincia de Ourense, con número de rexistro 2007/0166_AIA/IPPC_188, a favor de Avicultura e Granxas Sarreaus, S.L.

54. Granxa de gando porcino nos concellos de Maceda e Montederramo, provincia de Ourense, con número de rexistro 2007/0075_NAA/IPPC_191, a favor de Cooperativa Agroganadera de A Piúca, S.C.G.

55. Granxa porcina de cría en Casardansola, no termo municipal de Montederramo, provincia de Ourense, con número de rexistro 2007/0050_NAA/IPCC_192, a favor de Auriense, Soc. Coop. Ltda.

56. Granxa de gando porcino para ceba nos Chaos-Valilongo, no termo municipal de Montederramo, provincia de Ourense, con número de rexistro 2007/0072_NAA/IPPC_193, a favor de Sociedad Cooperativa Agroganadera de Seoane, S.L.

57. Granxa de galiñas poñedoras, situada no lugar de Gulfar, parroquia de Toubes, no termo municipal da Peroxa, provincia de Ourense, con número de rexistro 2007/0076_NAA/IPPC_194, a favor de Sociedad Cooperativa A Ponte, S.C.G.

58. Granxa porcina de cría no concello dos Blancos, provincia de Ourense, con número de rexistro 2007/0093_NAA/IPPC_195, a favor de Cooperativas Orensanas, S.C.G.

59. Granxa porcina de cría (Abelar I) no termo municipal de Abegondo, provincia da Coruña, con número de rexistro 2007/0030_NAA/IPPC_197, a favor de General Ganadera del Norte, S.L.

60. Granxa de porcas reprodutoras no concello de Parada de Sil, provincia de Ourense, con número de rexistro 2007/0078_NAA/IPPC_199, a favor de Cooperativas Orensanas, S.C.G.

61. Granxa de polos de ceba no concello de Castro de Rei, provincia de Lugo, con número de rexistro 2007/0200_AIA/IPPC_201, a favor de Avícola Casás, S.C.

62. Granxa de galiñas poñedoras en recría no concello de Toén, provincia de Ourense, con número de rexistro 2007/0041_NAA/IPPC_205, a favor de Rodríguez Fernández y Casanova Franco, C.B.

63. Granxa de cría e ceba de porcos, situada en Vilar de Lebres, no termo municipal de Trasmiras, provincia de Ourense, con número de rexistro 2008/0065_NAA/IPPC_207, a favor de A Plaza Santos, Silva & Rodríguez, C.B.

64. Granxa de porcas nai en Ganade, no termo municipal de Xinzo de Limia, provincia de Ourense, con número de rexistro 2008/0048_AIA/IPPC_209, a favor de Celso Gómez Valencia y Otros, S.C.

65. Granxa de gando porcino no concello da Laracha, provincia da Coruña, con número de rexistro 2007/0044_AIA/IPPC_211, a favor de Granjas San Luis, S.L.

66. Granxa de gando porcino de ceba no concello de Carballo, provincia da Coruña, con número de rexistro 2007/0045_NAA/IPPC_212, a favor de Incripor Galicia, S.L.

67. Granxa de porcos de ceba no concello dos Blancos, provincia de Ourense, con número de rexistro 2008/0140_NAA/IPPC_214, a favor de María Seguín y Otros, S.C.

68. Granxa de porcos de ceba no concello de Maceda, provincia de Ourense, con número de rexistro 2007/0209_NAA/IPPC_216, a favor de Antonio Casado Reboredo y Otros, S.C.

69. Granxa porcina de cría (O Abelar II) no termo municipal de Abegondo, provincia da Coruña, con número de rexistro 2007/0031_NAA/IPPC_218, a favor de General Ganadera del Norte, S.L.

70. Granxa porcina de cría Ponte Coirós, situada no lugar de Anta, no termo municipal de Coirós, provincia da Coruña, con número de rexistro 2007/0273_NAA/IPPC_219, a favor de Sociedad Cooperativa Agroganadera A Ponte, Cooperativas Orensanas, S.C.G.

71. Granxa avícola de posta no termo municipal de Amoeiro, provincia de Ourense, con número de rexistro 2007/0239_NAA/IPPC_225, a favor de Avícolas de Amoeiro, S.C.

72. Granxa de porcas reprodutoras no concello de Teo, provincia da Coruña, con número de rexistro 2007/0037_NAA/IPPC_226, a favor de Excorrigal, S.L.

73. Granxa porcina de ceba no termo municipal de Carballo, provincia da Coruña, con número de rexistro 2009/0106_NAA/IPPC_227, a favor de Porcidre, S.L.

74. Granxa porcina de ceba en Paraxe do Río, no termo municipal de Sarreaus, provincia de Ourense, con número de rexistro 2008/0049_NAA/IPPC_232, a favor de Manuel e María, S.C.

75. Granxa de gando porcino de ceba no concello de Santa Comba, provincia da Coruña, con número de rexistro 2008/0278_NAA/IPPC_233, a favor de Granjas San Luis, S.L.

76. Granxa de gando porcino de ceba no concello de Arteixo, provincia da Coruña, con número de rexistro 2010/1000_NAA/IPPC_234, a favor de Porcycar García e Hijos, S.L.

77. Granxa de gando porcino de ceba e vacún de carne no concello de Lalín, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2006/0400_NAA/IPPC_235, a favor de María del Carmen Calvo Vázquez.

78. Granxa porcina con capacidade para 1.200 nais, situada no lugar de Meixomence, na parroquia de Ponte, no termo municipal de Silleda, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2008/0180_NAA/IPPC_237, a favor de Meijomín, S.L.

79. Granxa porcina de ceba situada no lugar de Valadiño, no termo municipal de Sandiás, provincia de Ourense, con número de rexistro 2008/0161_NAA/IPPC_242, a favor de Rodríguez Seguín y Otros, S.C.

80. Granxa de recría de galiñas poñedoras no concello de Salvaterra do Miño, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2010/1006_IPPC_244, a favor de Manuel Vidal Pazos.

81. Granxa de polos de engorda no concello das Neves, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2009/0155_IPPC_245, a favor de Moisés Araújo Durán.

82. Granxa porcina de ceba no lugar de Melide, parroquia de San Salvador de Camba, no termo municipal de Rodeiro, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2008/0134_AIA/IPPC_246, a favor de Ganadería García-Penerbosa, S.C.

83. Granxa porcina con capacidade para 1.116 nais reprodutoras, situada no lugar do Pazo-Castro, no termo municipal de Mesía, provincia da Coruña, con número de rexistro 2008/0071_NAA/IPPC_247, a favor de Taboada Integral, S.L.

84. Granxa de porcos de ceba no concello dos Blancos, provincia de Ourense, con número de rexistro 2009/0048_AAI/IPPC_248, a favor de Antonio Lama y Clementina Prol, S.C.

85. Granxa porcina situada no lugar das Travesas, no termo municipal de Carral, provincia da Coruña, con número de rexistro 2010-IPPC-I-1015-249, a favor de Vidal e Hijos, C.B.

86. Explotación avícola con capacidade para 252.000 galiñas poñedoras no termo municipal de Palas de Rei, provincia de Lugo, con número de rexistro 2010-IPPC-I-1021-254, a favor de Granjas Campomayor, S.L.

87. Granxa porcina Cruces, no termo municipal de Vila de Cruces, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2011-IPPC-11-257, a favor de Nutrimentos Deza, S.A.

ANEXO II

Incidentes e accidentes

– O titular procederá inmediatamente á determinación da orixe do problema e adoptará as medidas necesarias para que quede garantida a protección do ambiente e a saúde das persoas ante calquera incidente ou accidente que se produza na instalación. Dentro destas medidas considerarase, no caso de ser necesario, a suspensión da actividade.

– Se esta situación deriva nun incumprimento das condicións impostas na autorización ambiental integrada e/ou puider ter repercusións sobre a saúde das persoas ou o ambiente, o titular procederá a comunicala á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e ao órgano de bacía (neste último caso se o incidente/accidente puidese afectar o dominio público), sen menoscabo das comunicacións que deban realizarse a outros organismos afectados.

– No prazo máximo de sete (7) días tras a comunicación, o titular deberá remitirlles aos referidos órganos un informe en que figuren como mínimo:

• As causas do incidente.

• A hora en que se produciu e a súa duración.

• As características das emisións producidas, no caso de existiren.

• As medidas adoptadas tanto para corrixir a situación como para prever novos incidentes.

• A hora e a forma en que se comunicou o suceso aos distintos organismos.

Incumprimento das condicións das autorizacións ambientais integradas

– O incumprimento das condicións recollidas nesta resolución suporá a adopción das medidas de disciplina ambiental recollidas no Título IV da Lei 16/2002, de 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, sen prexuízo do establecido na lexislación sectorial, que seguirá sendo aplicable.

Aplicación da xerarquía de residuos establecida no artigo 8 da Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados:

– Priorizarase en todo momento a prevención na xeración de residuos, así como a preparación para a súa reutilización e reciclaxe. No caso de xeración de residuos cuxa reutilización ou reciclaxe non sexa posible, estes destinaranse a outro tipo de valorización e evitarase a súa eliminación sempre que sexa posible.

Condicións de funcionamento diferentes das normais

– En caso de fugas e fallos de funcionamento na instalación, observarase o disposto na epígrafe de incidentes e accidentes deste anexo.

– O titular deberá comunicarlle á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental calquera parada temporal da actividade que poida afectar o cumprimento normal das condicións establecidas ao longo desta resolución. Así mesmo, deberá comunicar, no momento de producirse, o seu reinicio.

Condicións para o cese definitivo da actividade

– Antes do inicio, ben de calquera acción de adecuación do recinto industrial ou ben do seu desmantelamento, o titular deberá comunicar o cesamento da actividade e informar da data prevista para o peche.

A citada comunicación deberá vir acompañada dunha memoria en que se especifiquen as actuacións que o titular vai levar a cabo en relación co cesamento da actividade e de cara a evitar calquera risco de contaminación. Concretamente, en relación coa protección do solo e das augas subterráneas, observarase o disposto no artigo 22 bis da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, tendo en conta se a instalación dispón de informe base ou non.

– Esta memoria será obxecto de avaliación por parte da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e cumprirá un informe favorable para a súa execución.

– De concluírse que existe un risco para a saúde humana ou o ambiente, tomaranse as medidas necesarias destinadas a retirar, controlar, conter ou reducir as substancias perigosas relevantes, para que, tendo en conta o uso actual ou futuro do lugar, non se cree o dito risco.