Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Martes, 31 de decembro de 2013 Páx. 53223

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 18 de decembro de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se publica a Resolución do 9 de decembro de 2013 que actualiza cento vinte e dúas (122) autorizacións ambientais integradas, de conformidade co disposto na Lei 5/2013, do 11 de xuño, pola que se modifican a Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, e a Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados.

De conformidade coa disposición transitoria primeira da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, o órgano competente para o outorgamento das autorizacións ambientais integradas realizará as actuacións necesarias para a actualización das autorizacións para a súa adecuación á Directiva 2010/75/CE, do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de novembro, sobre emisións industriais, con anterioridade ao 7 de xaneiro de 2014; procederá á publicación destas no boletín oficial correspondente e deixará constancia da súa adaptación á Directiva 2010/75/CE, do 24 de novembro.

Atendendo ao anteriormente exposto, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve publicar a seguinte resolución de actualización, que afecta cento vinte e dúas (122) autorizacións ambientais integradas.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2013

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

Resolución do 9 de decembro de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se actualizan cento vinte e dúas (122) autorizacións ambientais integradas, de conformidade co disposto na Lei 5/2013, do 11 de xuño, pola que se modifican a Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, e a Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados.

Antecedentes de feito.

Primeiro. As instalacións referidas no anexo I desta resolución contan con autorización ambiental integrada.

Segundo. O 12.6.2013 foi publicada no Boletín Oficial del Estado (núm. 140) a Lei 5/2013, do 11 de xuño, pola que se modifican a Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, e a Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados.

Terceiro. Esta lei incorpora diferentes medidas, entre outras, a obriga de actualizar, antes do 7 de xaneiro de 2014, aquelas autorizacións ambientais integradas que no momento da entrada en vigor da norma non conteñan as prescricións explícitas recollidas nesa lei.

Cuarto. De acordo co punto 2 da disposición transitoria primeira da Lei 16/2002, do 1 de xullo, considéranse actualizadas as autorizacións ambientais integradas actualmente en vigor que conteñan prescricións explícitas relativas a:

– Incidentes e accidentes.

– Incumprimento das condicións das autorizacións ambientais integradas.

– No caso de xeración de residuos, a aplicación da xerarquía de residuos establecida no artigo 4.1.b).

– Se é o caso, o informe mencionado no artigo 12.1.f) desta lei, que deberá ser tido en conta para o peche da instalación.

– As medidas que se tomarán en condicións de funcionamento diferentes ás normais.

– De ser o caso, os requisitos de control sobre o solo e as augas subterráneas.

– Cando se trate dunha instalación de incineración ou coincineración:

• Os residuos que trate a instalación relacionados segundo a lista europea de residuos e

• Os valores límite de emisión que regulamentariamente se determinen para este tipo de instalacións.

Quinto. Co obxecto de dar cumprimento á alínea f) do número 1 do artigo 12, procedeuse a realizar unha análise tanto do contido das autorizacións ambientais integradas como de toda a información dispoñible en materia de solos e augas subterráneas en relación con esas instalacións, e considérase que esta é suficiente.

Sexto. Por outra banda, unha vez revisado o contido das autorizacións ambientais integradas, conclúese que procede incorporarlles as condicións que se recollen no anexo II desta resolución.

Sétimo. Así mesmo, procede dar cumprimento ao disposto no artigo 1.19 da Lei 5/2013, do 11 de xuño, que elimina o antigo artigo 25 dedicado á renovación da autorización ambiental integrada.

Oitavo. De conformidade co artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notificóuselles aos titulares o contido da proposta da presente resolución, para que puidesen presentar os documentos e xustificacións que considerasen pertinentes no prazo establecido. Os titulares non formularon alegacións.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A disposición transitoria primeira da Lei 5/2013, do 11 de xuño, pola que se modifican a Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, e a Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados, establece que o órgano competente para o outorgamento das autorizacións ambientais integradas levará a cabo as actuacións necesarias para a actualización das autorizacións para a súa adecuación á Directiva 2010/75/CE, do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de novembro, sobre emisións industriais, con anterioridade ao 7 de xaneiro de 2014.

Segundo. A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental é o órgano competente para a tramitación e o seguimento das autorizacións ambientais integradas, de conformidade co disposto no Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Habida conta do anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Actualizar as autorizacións ambientais integradas relacionadas no anexo I incorporándolles as condicións recollidas no anexo II da presente resolución. No caso de producirse contradición co contido da autorización ambiental integrada, prevalecerá o disposto no dito anexo II.

As condicións desta autorización revisaranse nun prazo de catro (4) anos a partir da publicación das conclusións relativas ás mellores técnicas dispoñibles, en canto á súa principal actividade e, no seu defecto, cando os avances nas mellores técnicas dispoñibles permitan unha redución significativa das emisións, salvo que se produzan antes do prazo indicado modificacións substanciais que obriguen á súa modificación ou que se incorra nalgún dos supostos de revisión de oficio recollidos no artigo 25 da Lei 16/2002, do 1 de xullo.

Segundo. Eliminar os puntos da reesolución referentes ao prazo de vixencia e ás condicións de revisión de oficio das resolucións de autorización ambiental integrada das instalacións referidas no anexo I.

As referencias ao articulado da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, na súa anterior versión, enténdense adaptadas ao actual articulado da dita lei.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, no prazo dun mes, recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, de conformidade co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2013

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO I

1. Planta de produción de hidróxeno, vapor e anhídrido carbónico, no termo municipal de Arteixo, provincia da Coruña, con número de rexistro 2003/0175_AIA/IPPC_002, a favor de Air Liquide Ibérica de Gases, S.L.U.

2. Instalacións de fabricación de tella curva, no termo municipal de Mesía, provincia da Coruña, con número de rexistro 2003/0300_AIA/IPPC_004, a favor de Cerámica Verea, S.A.

3. Planta de lacado, foliación, fabricación de paneis isowall e de paneis sándwich de aluminio e PVC, no termo municipal de Cerceda, provincia da Coruña, con número de rexistro 2004/0184_AIA/IPPC_005, a favor de Sumtec, S.L.

4. Central térmica de ciclo combinado localizada no termo municipal das Pontes de García Rodríguez, provincia da Coruña, con número de rexistro 2003/0331_AIA/IPPC_006, a favor de Endesa Generación, S.A.

5. Instalacións de moenda, almacenamento e expedición de cemento localizadas no termo municipal de Narón, provincia da Coruña, con número de rexistro 2004/0144_AIA/IPPC_008, a favor de Cementos Tudela Veguín, S.A.

6. Planta de tratamento de subprodutos cárnicos, no termo municipal de Cerceda, provincia da Coruña, con número de rexistro 2005/0009_NAA/IPPC_009, a favor de Gestora de Subproductos de Galicia, S.L. (Gesuga).

7. Planta de fabricación de pensos compostos localizada no termo municipal de Padrón, provincia da Coruña, con número de rexistro 2004/0148_NAA/IPPC_010, a favor de Piensos Nanfor, S.A.

8. Planta recuperadora de disolventes usados, no termo municipal do Porriño, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2003/0276_AEA/IPPC_011, a favor de Recuperadora Gallega de Disolventes, S.L.

9. Planta de fabricación de fariñas e aceites de peixe, no termo municipal de Ribeira, provincia da Coruña, con número de rexistro 2004/0318_NAA/IPPC_012, a favor de Conserveros Reunidos, S.L.

10. Planta de envasado de leite UHT localizada no termo municipal de Vilalba, provincia de Lugo, con número de rexistro 2004/0191_NAA/IPPC_013, a favor Leche de Galicia, S.L.

11. Centro de Vigo, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2005/0233_NAA/IPPC_14, a favor de Peugeot Citroën Automóviles España, S.A.

12. Refinaría e terminal marítima localizadas nos termos municipais da Coruña e de Arteixo, provincia da Coruña, con número de rexistro 2005/0180_NAA/IPPC_016, a favor de Repsol YPF.

13. Planta de produción de compoñentes para a elaboración de medicamentos no polígono industrial de Torneiros, no termo municipal do Porriño, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2005/0182_NAA/IPPC_017, a favor de Lonza Biologics Porriño, S.L.

14. Fábrica de produtos cerámicos mediante cocción, no termo municipal de Mesía, provincia da Coruña, con número de rexistro 2005/0356_AIA/IPPC_018, a favor de Campo Brick, S.L.

15. Fábrica de etanol localizada no termo municipal de Curtis, provincia da Coruña, con número de rexistro 2005/0246_NAA/IPPC_019, a favor de Bioetanol Galicia, S.A.

16. Instalacións localizadas no Parque Tecnolóxico de Valadares, termo municipal de Vigo, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2005/0312_AIA/IPPC_020, a favor de Benteler Automotive Vigo, S.L.

17. Fábrica de produción de formaldehido e colas, no termo municipal de Caldas de Reis, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2004/0193_AIA/IPPC_021, a favor de Foresa, Industrias Químicas del Noroeste, S.A.

18. Planta de produción de cervexa no termo municipal da Coruña, provincia da Coruña, con número de rexistro 2006/0133_NAA/IPPC_023, a favor de Hijos de Rivera, S.A.

19. Planta de fabricación de pensos, no termo municipal de Oleiros, provincia da Coruña, con número de rexistro 2006/0097_NAA/IPPC_027, a favor de Nuter Feed, S.A.

20. Matadoiro de aves no termo municipal de Castro de Rei, provincia de Lugo, con número de rexistro 2006/0196_NAA/IPPC_029, a favor de Sada P.A. Castilla-Galicia, S.A.

21. Planta de fabricación de pensos, no termo municipal do Porriño, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2006/0275_NAA/IPPC_031, a favor de Nuter Feed, S.L.

22. Planta de transformación de produtos lácteos, localizada no termo municipal de Lugo, con número de rexistro 2006/0224_NAA/IPPC_032, a favor de Puleva Food, S.L.

23. Planta de tratamento e transformación de leite e produtos lácteos, no termo municipal de Arteixo, provincia da Coruña, con número de rexistro 2006/0337_NAA/IPPC_033, a favor de Grupo Leite Río, S.A.

24. Fábrica de paneis e portas de aluminio, no termo municipal do Porriño, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2006/0246_NAA/IPPC_034, a favor de Aluporta, S.L.

25. Fábrica de ferroaliaxes localizada no termo municipal de Cee, provincia da Coruña, con número de rexistro 2006/0070_NAA/IPPC_036, a favor de Ferroatlántica, S.A.

26. Planta de tratamento e transformación de leite, no termo municipal de Pontecesures, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2006/0075_NAA/IPPC_037, a favor de Nestlé España, S.A.

27. Fábrica de produtos cerámicos para a construción mediante cocción, no termo municipal da Merca, provincia de Ourense, con número de rexistro 2006/0338_NAA/IPPC_039, a favor de Cerámica La Manchica, S.L.

28. Planta de fabricación de pensos, no termo municipal de Taboada, provincia de Lugo, con número de rexistro 2007/0027_NAA/IPPC_040, a favor de Aira Sociedade Cooperativa Galega.

29. Planta de cincado electrolítico en frío de pezas metálicas compoñentes de automoción de pequenas dimensións, no termo municipal do Porriño, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2007/0122_NAA/IPPC_041, a favor de Talleres Covi, S.L.

30. Fábrica de produtos cerámicos, no termo municipal de Malpica de Bergantiños, provincia da Coruña, con número de rexistro 2006/0274_NAA/IPPC_045, a favor de Cerámicas El Progreso, S.A.

31. Planta de fabricación de compoñentes de plástico localizada na parroquia de Cedeira, no termo municipal de Redondela, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2006/0391_NAA/IPPC_047, a favor de Plastic Omnium Componentes Exteriores, S.L.

32. Instalación de tratamento superficial de pezas metálicas, no termo municipal de Lugo, provincia de Lugo, con número de rexistro 2007/0006_NAA/IPPC_051, a favor de Cromados Estévez, S.L.

33. Planta de galvanización en quente por inmersión, no termo municipal do Porriño, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2006/0366_NAA/IPPC_054, a favor de Metálica Gallega de Transformados y Acabados, S.L. (Megalta).

34. Planta de fabricación de taboleiros de fibra de madeira localizada no termo municipal de Padrón, provincia da Coruña, con número de rexistro 2006/0218_NAA/IPPC_059, a favor de Financiera Maderera, S.A. (Finsa).

35. Fábrica de ferroaliaxes localizada no termo municipal de Dumbría, provincia da Coruña, con número de rexistro 2006/0267_NAA/IPPC_060, a favor de Ferroatlántica, S.A.

36. Fábrica de conservas de peixe na Baiuca, no termo municipal da Pobra do Caramiñal, provincia da Coruña, con número de rexistro 2006/0379_NAA/IPPC_061, a favor de Escurís, S.L.

37. Planta de galvanización en quente por inmersión e termolacado a po, no termo municipal de Arteixo, provincia da Coruña, con número de rexistro 2005/0011_NAA/IPPC_062, a favor de Retsa II, S.L.

38. Planta de produción de leite UHT e outros produtos lácteos, localizada no termo municipal de Meira, provincia de Lugo, con número de rexistro 2007/0001_NAA/IPPC_063, a favor de Leche Celta, S.L.U.

39. Planta de produción de leite UHT e outros produtos lácteos, localizada no termo municipal de Pontedeume, provincia da Coruña, con número de rexistro 2007/0002_NAA/IPPC_064, a favor de Leche Celta, S.L.U.

40. Fábrica de produtos siderúrxicos localizada no termo municipal da Laracha, provincia da Coruña, con número de rexistro 2006/0388_NAA/IPPC_065, a favor de Celsa Atlantic, S.L.

41. Planta de elaboración de ferraxes, fixacións e fouces no termo municipal da Pontenova, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2006/0359_NAA/IPPC_068, a favor de Industrial Recense, S.L.

42. Matadoiro de aves no termo municipal de Pontevedra, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2006/0381_NAA/IPPC_071, a favor de Avícola de Galicia, S.A.

43. Planta de elaboración de forxados, no termo municipal de San Cibrao das Viñas, provincia de Ourense, con número de rexistro 2006/0367_NAA/IPPC_072, a favor de CIE Galfor, S.A.

44. Fábrica de pensos no termo municipal da Pastoriza, provincia de Lugo, con número de rexistro 2007/0074_NAA/IPPC_073, a favor de Cooperativa Agrícola Galega Soc. Coop. Galega (Coaga).

45. Matadoiro frigorífico de gando vacún e equino no lugar de Montellos, no termo municipal de Betanzos, provincia da Coruña, con número de rexistro 2007/0017_NAA/IPPC_074, a favor de Suministros Medina, S.L.

46. Fábrica de produtos cerámicos para a construción mediante cocción, no termo municipal de Cambre, provincia da Coruña, con número de rexistro 2006/0340_AIA/IPPC_075, a favor de Cerámica Rioboo, S.L.

47. Planta de produción de pensos no termo municipal de Silleda, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2006/0394_NAA/IPPC_078, a favor de Nutrimentos Deza, S.A.

48. Fábrica de taboleiro de fibra de madeira de media densidade (MDF) e derivados de taboleiro, localizada nos termos municipais de Rábade e Begonte (Lugo), con número de rexistro 2006/0375_NAA/IPPC_079, a favor de Financiera Maderera, S.A. (Finsa).

49. Fábrica de pensos, no termo municipal de San Cibrao das Viñas, provincia de Ourense, con número de rexistro 2007/0052_NAA/IPPC_080, a favor de Cooperativas Orensanas, S.C.G.

50. Fábrica de pensos, no termo municipal de San Cibrao das Viñas, provincia de Ourense, con número de rexistro 2007/0066_NAA/IPPC_081, a favor de Cooperativas Orensanas, S.C.G.

51. Planta siderúrxica localizada no termo municipal de Narón, provincia da Coruña, con número de rexistro 2006/0175_NAA/IPPC_087, a favor de Megasa Siderúrgica, S.L.

52. Planta de fabricación de armaduras e compoñentes para o sector de automoción, localizada no termo municipal do Porriño, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2006/0356_NAA/IPPC_088, a favor de Viza Automoción, S.A.U.

53. Planta de brillo químico e coloreado orgánico do aluminio, localizada no termo municipal de Padrón, provincia da Coruña, con número de rexistro 2004/0264_AIA/IPPC_089, a favor de Aluminios Cortizo, S.A.

54. Planta de tratamento de residuos de marpol tipo C e aceites usados, no termo municipal das Somozas, provincia da Coruña, con número de rexistro 2006/0142_NAA/IPPC_090, a favor de Ingaroil, S.L.

55. Instalacións de produción de cemento situadas no termo municipal de Sarria, provincia de Lugo, con número de rexistro 2005/0057_NAA/IPPC_091, a favor de Cementos Cosmos, S.A.

56. Planta de elaboración de conservas de peixe, marisco e pratos preparados, no termo municipal de Ribeira, provincia da Coruña, con número de rexistro 2007/0016_NAA/IPPC_101, a favor de Frinsa del Noroeste, S.A.

57. Fabricación de produtos cerámicos mediante cocción, no termo municipal de Xunqueira de Espadanedo, provincia de Ourense, con número de rexistro 2006/0067_NAA/IPPC_102, a favor de Cerámica Xunqueira, S.A.

58. Fábrica de produción de silicio localizada no termo municipal de Arteixo, provincia da Coruña, con número de rexistro 2005/0223_NAA/IPPC_104, a favor de Ferroatlántica, S.A.

59. Instalacións de extrusión, lacado e anodización de perfís de aluminio localizadas no termo municipal de Valga, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2006/0362_NAA/IPPC_105, a favor de Extrusionados Galicia, S.A.

60. Planta de fabricación de produtos precociñados a base de peixe, no termo municipal da Pobra do Caramiñal, provincia da Coruña, con número de rexistro 2007/0003_NAA/IPPC_106, a favor de Congalsa, S.L.

61. Fábrica de taboleiros aglomerados de partículas e de madeira serrada e coxeración asociada de Cogeneración del Noroeste, S.L, no termo municipal de Santiago de Compostela, provincia da Coruña, con número de rexistro 2006/0376_NAA/IPPC_107, a favor de Financiera Maderera, S.A. (Finsa).

62. Planta de fabricación de taboleiros de fibra de madeira e derivados e coxeración asociada de Cogeneración del Noroeste, S.L., no polígono industrial de San Cibrao das Viñas, no termo municipal de San Cibrao das Viñas, provincia de Ourense, con número de rexistro 2006/0377_NAA/IPPC_108, a favor de Financiera Maderera, S.A. (Finsa).

63. Fabricación de ladrillos cara vista, bloques vistos e pavimentos no termo municipal de Tui, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2006/0382_NAA/IPPC_109, a favor de Sucesores de Severino Gómez, S.A.

64. Fábrica de pensos, no termo municipal de Outeiro de Rei, provincia de Lugo, con número de rexistro 2007/0073_AIA/IPPC_113, a favor de Coren Agroindustrial, S.A.U.

65. Fabricación de cerámica para a construción no termo municipal de Ponteareas, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2006/0385_NAA/IPPC_116, a favor de Cerámica de Puenteareas, S.L.

66. Fabricación de produtos cerámicos para a construción, no termo municipal de Salvaterra de Miño, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2006/0166_NAA/IPPC_117, a favor de Cerámicas del Miño, Carmen Ubeira e Cía, S.L.

67. Planta de fabricación de pensos compostos e transformación de leite e derivados, sita no termo municipal de Ames, provincia da Coruña, con número de rexistro 2007/0059_NAA/IPPC_115, a favor de Feiraco Sociedade Cooperativa Galega.

68. Planta de elaboración de conservas de atún, mexillóns e cefalópodos no termo municipal do Grove, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2006/0347_NAA/IPPC_119, a favor de Conservas Selectas de Galicia, S.A.

69. Fábrica de conservas de atún en Bodión, no termo municipal de Boiro, provincia da Coruña, con número de rexistro 2006/0380_NAA/IPPC_120, a favor de Jealsa Rianxeira, S.A.

70. Planta de fabricación de tensioactivos e química fina situada no polígono industrial de Sabón, no termo municipal de Arteixo, provincia da Coruña, con número de rexistro 2006/0343_NAA/IPPC_123, a favor de Arteixo Química, S.L.U.

71. Planta de fabricación de produtos cerámicos, no termo municipal da Laracha, provincia da Coruña, con número de rexistro 2006/0237_AIA/IPPC_124, a favor de Epifanio Campo, S.L.

72. Fábrica de produtos cerámicos, no termo municipal da Laracha, provincia da Coruña, con número de rexistro 2006/0342_NAA/IPPC_125, a favor de Cerámica Campo Sáez, S.L.

73. Instalacións en Santiago de Compostela, provincia da Coruña, con número de rexistro 2006/0348_NAA/IPPC_126, a favor de Papelera de Brandía, S.A.

74. Planta de produción de leite localizada no termo municipal de Outeiro de Rei, provincia de Lugo, con número de rexistro 2006/0159_NAA/IPPC_127, a favor de Alimentos Lácteos, S.A.

75. Planta de tratamento e envasado de leite e produtos derivados, no termo municipal de Outeiro de Rei, provincia de Lugo, con número de rexistro 2006/0209_NAA/IPPC_128, a favor de Corporación Alimentaria Peñasanta, S.A.

76. Planta de aluminio localizada no termo municipal de Xove, na provincia de Lugo, con número de rexistro 2005/0093_NAA/IPPC_130, a favor de Aluminio Español, S.A.

77. Planta de alumina localizada nos termos municipais de Xove e de Cervo (Lugo), con número de rexistro 2006/0184_NAA/IPPC_131, a favor de Alúmina Española, S.A.

78. Planta de produción de pensos compostos no termo municipal de Dozón, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2006/0393_NAA/IPPC_135, a favor de Nutrimentos del Campo, S.A.

79. Matadoiro frigorífico de dúas liñas, gando vacún e porcino, con sala de despezamento de porcino e elaboración de despoxos e tripas, no termo municipal de Lalín, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2006/0242_NAA/IPPC_138, a favor de Industrias Frigoríficas del Deza, S.L.

80. Planta de elaboración de produtos precociñados, no termo municipal do Porriño, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2006/0390_NAA/IPPC_142, a favor de Frinova, S.A.

81. Matadoiro avícola con planta de tratamento e transformación de subprodutos cárnicos (CPA), localizado no termo municipal de Ourense, con número de rexistro 2007/0081_NAA/IPPC_143, a favor de Cooperativas Orensanas, S.C.G.

82. Planta de fabricación de taboleiro recuberto con chapa de madeira ou con papel melamínico, localizada no termo municipal de Curtis, provincia da Coruña, con número de rexistro 2006/0387_NAA/IPPC_144, a favor de Industrias Losán, S.A.

83. Fábrica de carbono sinterizado e electrografito localizada no termo municipal da Coruña, provincia da Coruña, con número de rexistro 2007/0007_NAA/IPPC_145, a favor de SGL Carbón, S.A.

84. Planta de calcinación de magnesita para a obtención de óxido de magnesio no termo municipal do Incio, provincia de Lugo, con número de rexistro 2006/0187_NAA/IPPC_146, a favor de Magnesitas del Rubián, S.A.

85. Planta de elaboración de fariñas e aceites de peixe, localizada no termo municipal de Redondela, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2007/0029_NAA/IPPC_147, a favor de Auxiliar Conservera, S.A.

86. Fábrica de extrusión, lacado e anodización de perfís de aluminio localizada no termo municipal de Padrón, provincia da Coruña, con número de rexistro 2006/0285_NAA/IPPC_148, a favor de Quintastone, S.A.

87. Matadoiro de gando vacún e planta de produción de produtos alimenticios, no termo municipal de Lugo, provincia de Lugo, con número de rexistro 2007/0090_NAA/IPPC_160, a favor de Novafrigsa, S.A.

88. Fábrica de pasta de celulosa localizada en Lourizán, no termo municipal de Pontevedra, con número de rexistro 2004/0286_NAA/IPPC_162, a favor de Ence Energía y Celulosa, S.A.

89. Instalacións de extrusión, lacado e anodización de perfís de aluminio, localizada no termo municipal de Padrón, provincia da Coruña, con número de rexistro 2006/0268_NAA/IPPC_165, a favor de EXL-Quintaglass, S.L.

90. Factoría de construción e reparación de buques, no termo municipal de Moaña, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2007/0207_NAA/IPPC_166, a favor de Rodman Polyships, S.A.U.

91. Planta de transformación de subprodutos animais, no termo municipal de Arteixo, provincia da Coruña, con número de rexistro 2006/0350_NAA/IPPC_167, a favor de Sarval Bio-Industries Noreste, S.A.U.

92. Planta de fabricación de formol, colas e resinas e xestión de residuos hidrocarburados no concello de Mugardos, provincia da Coruña, con número de rexistro 2006/0349_NAA/IPPC_168, a favor de Forestal del Atlántico, S.A.

93. Planta de aluminio localizada no termo municipal da Coruña, provincia da Coruña, con número de rexistro 2005/0272_NAA/IPPC_169, a favor de Alcoa Inespal, S.A.

94. Instalacións de extrusión e lacado de perfís de aluminio localizadas no termo municipal de Valga, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2006/0262_NAA/IPPC_170, a favor de Aluminios Padrón, S.A.

95. Planta de elaboración de produtos refractarios, no termo municipal de Sanxenxo, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2006/0361_NAA/IPPC_171, a favor de Refractarios Campo, S.L.

96. Planta de elaboración de ladrillos para a construción en Vilalonga, no termo municipal de Sanxenxo, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2006/0363_NAA/IPPC_172, a favor de Nueva Cerámica Campo, S.L.

97. Matadoiro de gando vacún e porcino con planta de produción de produtos alimenticios, no termo municipal do Porriño, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2007/0089_NAA/IPPC_173, a favor de Industrias Frigoríficas del Louro, S.A.

98. Fábrica de produtos cerámicos refractarios, no termo municipal da Guarda, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2007/0014_NAA/IPPC_175, a favor de Imerys Kiln Furniture España, S.A.

99. Instalacións de xestión de residuos, no termo municipal da Laracha, provincia da Coruña, con número de rexistro 2007/0015_NAA/IPPC_179, a favor de Protección Medio Ambiental, S.L. (PMA).

100. Instalación de lacado e recubrimento de superficies metálicas, no termo municipal de San Cibrao das Viñas, provincia de Ourense, con número de rexistro 2007/0069_NAA/IPPC_180, a favor de Lacados de Galicia, S.L.

101. Planta existente de fabricación de perfís de aluminio, no termo municipal da Cañiza, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2007/0248_NAA/IPPC_183, a favor de Galimetal, S.A.

102. Planta de tratamento e transformación de leite, no termo municipal de Láncara, provincia de Lugo, con número de rexistro 2007/0011_NAA/IPPC_185, a favor de Leite Río, S.L.

103. Planta de tratamento e transformación de leite (Ceao II), no termo municipal de Lugo, provincia de Lugo, con número de rexistro 2007/0009_NAA/IPPC_186, a favor de Leite Río, S.L.

104. Planta de tratamento e transformación de leite (Ceao I), no termo municipal de Lugo, provincia de Lugo, con número de rexistro 2007/0010_NAA/IPPC_187, a favor de Leite Río, S.L.

105. Planta de fabricación e produción de pezas metálicas para o sector da automoción, no termo municipal do Pereiro de Aguiar, provincia de Ourense, con número de rexistro 2007/0270_NAA/IPPC_189, a favor de Mecanizados Rodríguez Fernández, S.L.

106. Fábrica de gres extruído natural, no termo municipal de Tui, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2007/0278_NAA/IPPC_190, a favor de Cerámica da Moura, S.L.U.

107. Planta de elaboración de cemento, no termo municipal de Narón, provincia da Coruña, con número de rexistro 2006/0351_NAA/IPPC_196, a favor de Materiales del Atlántico, S.A.

108. Planta de tratamento de leite, no termo municipal de Monforte de Lemos, provincia de Lugo, con número de rexistro 2008/0012_NAA/IPPC_200, a favor de Euroserum Ibérica, S.L.

109. Planta de fragmentación e desestañado de botes de lata de RSU, no termo municipal das Pontes de García Rodríguez, provincia da Coruña, con número de rexistro 2005/0264_AIA/IPPC_206, a favor de Danigal Recuperaciones Férricas, S.L.U.

110. Planta de fabricación de envases, no termo municipal de Vigo, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2008/0155_NAA/IPPC_208, a favor de Crown Embalajes España, S.L.U.

111. Planta de fabricación de compostos derivados do silicio, no termo municipal de Forcarei, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2008/0103_AIA/IPPC_213, a favor de ABCR Laboratorios, S.L.

112. Matadoiro de coellos e patos e sala de despezamento, no termo municipal de Rodeiro, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2007/0230_NAA/IPPC_220, a favor de Conejos Gallegos, Cogal, S.C.G.

113. Factoría de equipamentos para a recepción e distribución do sinal de televisión, no termo municipal de Santiago de Compostela, provincia da Coruña, con número de rexistro 2007/0243_NAA/IPPC_221, a favor de Televés, S.A.

114. Complexo industrial de tratamento e produción de perfís de aluminio localizado nos termos municipais de Padrón e Rois, provincia da Coruña, con número de rexistro 2007/0272_NAA/IPPC_222, a favor de Aluminios Cortizo, S.A.

115. Planta de tratamento e xestión de residuos de mesturas de hidrocarburos e auga, no termo municipal de Cambre, provincia da Coruña, con número de rexistro 2006/0284_NAA/IPPC_223, a favor de Servicios Gallegos Autónomos, S.A.

116. Instalación para o cincado de pezas metálicas, no termo municipal de Santiago de Compostela, provincia da Coruña, con número de rexistro 2008/0265_NAA/IPPC_236, a favor de Cingalsa, S.L.

117. Matadoiro de gando vacún e porcino, con sala de despezamento, conservación e preparación de carnes, no termo municipal de Culleredo, provincia da Coruña, con número de rexistro 2007/0181_NAA/IPPC_243, a favor de Frigoríficos Conchado, S.A.

118. Planta de extrusión e lacado de aluminio con tratamento previo de superficies metálicas, no termo municipal de Caldas de Reis, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2008/0101_AIA/IPPC_252, a favor de Indalsu, S.A.

119. Fábrica de queixo, no termo municipal de Vilalba, provincia de Lugo, con número de rexistro 2010/IPPC/I/1012-253, a favor de Queserías Entrepinares, S.A.U.

120. Instalacións de xestión de residuos, no termo municipal de Lalín, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2010-IPPC-1029-255, a favor de Sertego Servicios Medioambientales, S.L.U.

121. Centro de transferencia e tratamento de aceites usados, residuos hidrocarburados e residuos industriais, no termo municipal de Narón, provincia da Coruña, con número de rexistro 2011-IPPC-0002-258, a favor de Procesoil, S.L.

122. Fabricación e comercialización de conservas a partir de produtos do mar, no termo municipal de Carballo, provincia da Coruña, con número de rexistro 2012-IPPC-14-259, a favor de Calvo Conservas, S.L.U.

ANEXO II

Incidentes e accidentes.

– O titular procederá inmediatamente á determinación da orixe do problema e adoptará as medidas necesarias para que quede garantida a protección do ambiente e a saúde das persoas ante calquera incidente ou accidente que se produza na instalación. Dentro destas medidas considerarase, no caso de ser necesario, a suspensión da actividade.

– Se esta situación deriva nun incumprimento das condicións impostas na autorización ambiental integrada e/ou puider ter repercusións sobre a saúde das persoas ou o ambiente, o titular procederá a comunicala á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e ao órgano de bacía (neste último caso se o incidente/accidente puider afectar o dominio público), sen menoscabo das comunicacións que deban realizarse a outros organismos afectados.

– No prazo máximo de sete (7) días tras a comunicación, o titular deberá remitir aos referidos órganos un informe en que figuren como mínimo:

• As causas do incidente.

• A hora en que se produciu e a súa duración.

• As características das emisións producidas, no caso de existiren.

• As medidas adoptadas tanto para corrixir a situación como para prever novos incidentes.

• A hora e a forma en que se comunicou o suceso aos distintos organismos.

Incumprimento das condicións das autorizacións ambientais integradas.

– O incumprimento das condicións recollidas nesta resolución suporá a adopción das medidas de disciplina ambiental recollidas no título IV da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, sen prexuízo do establecido na lexislación sectorial, que seguirá sendo aplicable.

Aplicación da xerarquía de residuos establecida no artigo 8 da Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados:

– Priorizarase en todo momento a prevención na xeración de residuos, así como a preparación para a súa reutilización e reciclaxe. No caso de xeración de residuos cuxa reutilización ou reciclaxe non sexa posible, estes destinaranse a outro tipo de valorización e evitarase a súa eliminación sempre que sexa posible.

Condicións de funcionamento diferentes das normais.

– En caso de fugas e fallos de funcionamento na instalación, observarase o disposto na epígrafe de incidentes e accidentes deste anexo.

– A instalación deberá determinar cales son os seus períodos de arranque e parada. Contará ademais cun rexistro (físico ou dixital), adecuadamente protexido contra danos ou contra modificacións non autorizadas e á disposición da Administración, no cal se anotarán:

• Os criterios técnicos e/ou os parámetros en que se basea a determinación destes períodos.

• A data e a súa duración.

– O titular deberá comunicarlle á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental calquera parada temporal da actividade que poida afectar o cumprimento normal das condicións establecidas ao longo desta resolución. Así mesmo, deberá comunicar, no momento de producirse, o seu reinicio.

Condicións para o cese definitivo da actividade.

– Antes do inicio, ben de calquera acción de adecuación do recinto industrial ou ben do seu desmantelamento, o titular deberá comunicar o cesamento da actividade e informar da data prevista para o peche.

A citada comunicación deberá vir acompañada dunha memoria na cal se especifiquen as actuacións que o titular vai levar a cabo en relación co cesamento da actividade e de cara a evitar calquera risco de contaminación. Concretamente, en relación coa protección do solo e das augas subterráneas, observarase o disposto no artigo 22 bis da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, tendo en conta se a instalación dispón de informe base ou non.

– Esta memoria será obxecto de avaliación por parte da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e cumprirá un informe favorable para a súa execución.

– De concluírse que existe un risco para a saúde humana ou o ambiente, tomaranse as medidas necesarias destinadas a retirar, controlar, conter ou reducir as substancias perigosas relevantes, para que, tendo en conta o uso actual ou futuro do lugar, non se cree o dito risco.