Tumbeiro López, S.C. solicitou desta alcaldía, licenza municipal para a legalización de instalacións para explotación de gando vacún de leite existente, que se situará en Vila (Carballedo). En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este -que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia- poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.
Carballedo, 2 de decembro de 2013
Julio M. Yebra-Pimentel Blanco
Alcalde