Ulises C. Bértolo García, en representación do Club Náutico San Vicente do Mar, solicitou licenza municipal de actividade para a instalación e apertura dunha cafetaría, restaurante e local social que se situará no porto deportivo de Pedras Negras, s/n (O Grove). En cumprimento co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avalición da incidencia ambiental, sométese a información pública, por un prazo de vinte días, para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan examinar o expediente, no Departamento de Urbanismo, e formular por escrito as alegacións que consideren pertinentes.
O Grove, 4 de decembro de 2013
Miguel Ángel Pérez García
Alcalde