Con data do 27 de novembro de 2013, o Pleno do Concello de Maside acordou por unanimidade a aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal na localidade da Lamasaída (Maside), expediente que se atopa nas dependencias municipais. Este expediente sométese a información pública polo prazo de dous meses, contados desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de novembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 15/2004, do 29 de decembro. O ámbito obxecto desta modificación está situado na parroquia de Garabás.
Maside, 2 de decembro de 2013
Celso Fernández López
Alcalde