Pola presente cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a continuación se insire, non puideron ser atopados nos enderezos que figuran nos rexistros deste centro, ou que alegaron distintos motivos para non recibir as notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:
Deberán ingresar o importe da débeda na conta bancaria 00460095600000035500, do Banco Gallego, nos prazos que se sinalan no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.
Transcorrido o prazo indicado no citado artigo sen que se produza o cobramento, iniciarase o período executivo.
Contra esta liquidación poderase interpoñer no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao esta notificación, recurso potestativo de reposición ante o órgano emisor ou, no mesmo prazo, reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda (Xunta de Galicia).
Para que conste, sirva de notificación ao interesado e en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, expido, asino e selo esta cédula.
Ferrol, 27 de novembro de 2013
Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol
anexo
Suxeito pasivo |
DNI/NIF |
Concepto |
Período |
Débeda |
Leal Sánchez, Tamara |
44057580E |
Fra. 201002876 |
24.9.2010 |
320,61 |
Lalangui Roldán, Karen Lissette |
X7890498A |
Fra. 201100118 |
19.1.2011 |
717,23 |
Rincón Ojeda, Henry |
X7631407F |
Fra. 201100127 |
19.1.2011 |
235,73 |
Lalangui Roldán, Karen Lissette |
X7890498A |
Fra. 201100129 |
19.1.2011 |
1.213,55 |
Torres Paucar, Andrés Sebastián |
X7266070W |
Fra. 201300739 |
25.2.2013 |
351,01 |