Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 30 de decembro de 2013 Páx. 52450

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Moaña (expediente IN407A 2013/268-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización, declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS, CTC Piolleira.

Situación: Moaña.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ de 506 metros de lonxitude, con orixe no paso aereosubterráneo que se realizará no apoio proxectado C 1000/22, intercalado na LMT aérea CAG 806, e final no CTC proxectado. Centro de transformación de 250 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado no lugar de Piolleira, Quintela, Moaña. Retensado dos vans aéreos contiguos ao apoio proxectado.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, avenida Fernández Ladreda 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacions por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000, anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación.

Pontevedra, 3 de decembro de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Predio 1. Municipio: Moaña; lugar: Fonte da Vila; titular: José Vázquez; afección: 12 m2 de solo para un apoio, paso aereosubterráneo e saída da liña subterránea.