Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 27 de decembro de 2013 Páx. 50519

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 10 de decembro de 2013 pola que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 5 de decembro de 2012, recaída no expediente IU2/103/2011-R1.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 18 de novembro de 2013, a resolución pola cal se desestima o recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 5 de decembro de 2012, ditada pola directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística en relación coas obras de ampliación dunha edificación sita no lugar da Area Alta, estrada Nigrán-Vigo, 162 (PO-325), parroquia de Panxón, no termo municipal de Nigrán, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Ana e Andrea González González, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles as citadas interesadas a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber ás citadas interesadas que o texto íntegro da resolución que se lles notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.3ª da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei.

Para que conste e lles sirva de notificación ás citadas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística