Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 27 de decembro de 2013 Páx. 50518

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 10 de decembro de 2013 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/68/2013.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 23 de outubro de 2013, incoar o expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/68/2013 polas obras realizadas en solo rústico, consistentes na construción dunha edificación de planta baixa de carácter residencial no lugar das Medas-O Toucedo, no termo municipal de Quiroga.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a Vanessa Bandini Mendoza, en calidade de propietaria dun dos terreos onde se levan a cabo as ditas obras, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada o dito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada dispón dun prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para presentar as alegacións, documentos ou informacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística