Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 27 de decembro de 2013 Páx. 50474

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (492/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 492/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lorenzo Otero Guldrís contra a empresa Oyalia, S.L., Óscar Malde Pardo de Andrade, Amaya Malde Tellería, Natalia Malde Tellería, Manuel Malde López, C.B. e outros, se ditou a seguinte resolución:

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda presentada por Lorenzo Otero Guldrís e, en consecuencia:

1. Declaro a improcedencia do despedimento de que foi obxecto con efectos do 10 de maio de 2012.

2. Teño por efectuada a opción pola indemnización por imposibilidade de readmisión, con extinción da relación laboral na data desta resolución e condeno a pagar 30.228,23 euros en concepto de indemnización, da que responderán solidariamente Oyalia, S.L., Manuel Malde López, comunidade de bens, Óscar Malde Pardo de Andrade e Miryam Tellería González.

3. Absolvo a Amaya Malde Tellería, Natalia Malde Tellería, Alfredo César Malde Correa e Carlos Malde Correa.

4. Condeno a Marina Bodelón Montecelos a se ater a esta resolución na súa condición de administradora concursal de Oyalia, S.L.

5. Condeno o Fogasa a se ater a esta sentenza nos termos do artigo 23.6 inciso primeiro da LRXS.

6. Non procede a imposición de custas nin multa por temeridade ou mala fe procesual á parte demandante.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma ás codemandadas Manuel Malde López, C.B., Óscar Malde Pardo de Andrade, Myriam Tellería González e comunidade hereditaria de Alfredo Malde Pardo, en ignorado paradoiro, insírese este edicto no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2013

A secretaria xudicial