Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 27 de decembro de 2013 Páx. 50473

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1072/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 1072/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Javier Gómez Villaverde contra a empresa Moure Pan, S.L., se ditou a seguinte resolución:

Parte dispositiva.

Dispoño:

A acumulación do presente procedemento de despedimento 1072/2013 ao procedemento de despedimento 692/2013, seguir a súa tramitación nun único procedemento e dar de baixa este no libro de asuntos xerais.

Expídase a correspondente certificación literal desta resolución, que quedará unida ao procedemento, e lévese o orixinal ao libro correspondente.

E para que sirva de notificación en legal forma a Moure Pan, S.L., en ignorado paradoiro, insírese este edicto no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2013

A secretaria xudicial