Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 26 de decembro de 2013 Páx. 50240

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Saviñao

ANUNCIO de información pública sobre nave e instalación para explotación de vacún de rubia galega na Az (Ousende).

Iván González Martínez solicitou licenza municipal para nave e instalación para explotación de vacún de rubia galega que se situará no polígono 73, parcela 145, na Az (Ousende).

En cumprimento do disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un prazo de vinte días hábiles -que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia- para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Este anuncio servirá de notificación a todos aqueles estremeiros aos cales non se puido practicar a notificación, de conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

O Saviñao, 4 de decembro de 2013

Joaquín González González
Alcalde