Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 26 de decembro de 2013 Páx. 50241

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Serval Narón, Sociedade Cooperativa Galega en liquidación

ANUNCIO de aprobación do balance final e proxecto de distribución do activo.

Na asemblea extraordinaria que tivo lugar o día 1 de novembro de 2013 en Vilacornelle (O Val) no concello de Narón (A Coruña), acordouse aprobar por unanimidade o balance de liquidación, así como a proposta de distribución do activo. Todo isto presentado polos liquidadores e previamente censurado polo órgano de intervención, cumprindo todos os requisitos legais e estatutarios para a adopción de acordos.

Narón, 2 de novembro de 2013

Ana Vanesa Lorenzo Montero
Liquidadora