Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 26 de decembro de 2013 Páx. 50239

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sada

ANUNCIO de exposición ao público do Plan de sectorización do SAUI-5E.

Dada conta do Plan de sectorización no sector SAUI-5E de xullo de 2013, redactado por Ceinsa e promovido por José Míguez de la Iglesia e María Consolación Rey Alvarellos, localízase a actuación prevista no lugar do Espírito Santo. Mediante Decreto da Alcaldía 1754/2013, do 12.11.2013, o dito documento foi aprobado inicialmente con observacións. Consonte o previsto no artigo 86 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, acordouse a súa exposición ao público polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os interesados poidan examinalo, no Servizo de Urbanismo do Concello de Sada, situado na avenida do Porto, nº 24, e presentar no dito prazo cantas alegacións e suxestións xulguen oportunas.

Sada, 27 de novembro de 2013

Ernesto Anido Varela
Alcalde