Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 26 de decembro de 2013 Páx. 50238

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cerceda

ANUNCIO de información pública (clave MAS/1752013).

Ismael Esmorís Vello, en representación da Comunidade Parroquial de San Martíño de Cerceda, solicitoulle a esta alcaldía licenza para un proxecto denominado ampliación de nichos no cemiterio parroquial, localizado ao carón da igrexa parroquial de Cerceda, á altura da Vila da Igrexa (Cerceda).

De acordo co disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese esta a información pública durante un prazo de 20 días, co fin de que as persoas que dalgún xeito se consideraren afectadas pola actividade, poidan examinar o expediente na Área de Medio Ambiente e Sanidade deste concello. Así mesmo, poderán formular por escrito as reclamacións ou observacións que se estimaren oportunas.

Este prazo de 20 días comezará a contar a partir do día seguinte a aquel en que publique este edicto no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no Diario Oficial de Galicia.

Cerceda, 14 de agosto de 2013

José García Liñares
Alcalde