Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 26 de decembro de 2013 Páx. 50234

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2013 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a adquisición, instalación, migración e posta en marcha dun sistema de seguridade para a protección da rede de comunicación de datos e voz desta universidade (expediente 14/13).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

2º. Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais Campus As Lagoas-Marcosende.

3º. Localidade e código postal: 36310 Vigo.

4º. Teléfono: 986 81 37 67.

5º. Telefax: 986 81 38 57.

6º. Correo electrónico: alabel@uvigo.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://tablon2.uvigo.es/listado_expedientes.asp

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 14/13.

2. Obxeto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: adquisición, instalación, migración e posta en marcha dun sistema de seguridade para a protección da rede de comunicación de datos e voz da Universidade de Vigo.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non procede.

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Enderezo: Servizos Informáticos na Biblioteca central no campus das Lagoas-Marcosende en Vigo.

2º. Localidade e código postal: Vigo 36310.

e) Prazo de entrega: 2 meses.

f) Admisión de prórroga: non procede.

g) CPV: 32000000 y CPA: 26.2.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

1º. Prezo do contrato: 50 puntos.

2º. Solución técnica: 25 puntos.

3º. Prezo do contrato de mantemento asistencia técnica, soporte, garantía e licenciamento en prevención de detención de ameazas en anos posteriores: 10 puntos.

4º. Incremento do número de anos respecto os exixidos en mantemento, asistencia técnica, soporte, garantía e licenciamento en prevención de detección de ameazas: 10 puntos.

5º. Tempo de resposta e resolución de incidencias: 5 puntos, de acordo coa folla resumo de características.

4. Valor estimado do contrato: 135.000 euros.

5. Orzamento base de licitación: Importe neto: 135.000 € + 28.350 € de IVE a soportar.

6. Garantías exixidas: provisional: non se exixe. Definitiva: (5 % do importe de adxudicación sen IVE).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: os que se indican na folla resumo do prego de cláusulas administrativas.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no punto 13 da FRC.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

b) Modalidade de presentación: papel 3 sobres A, B y C.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

2º. Enderezo: Edificio de Xerencia Servizos Centrais, planta baixa. As Lagoas-Marcosende.

3º. Localidade e código postal: Vigo 36310.

4º. Correo electrónico: alabel@uvigo.es

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para sobres B e C na sala de xuntas do Edificio de Xerencia e Servizos Centrais da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: As Lagoas-Marcosende, 2º andar.

c) Localidade e código postal: 36310 Vigo.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratista da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán pola conta do adxudicatario, aproximadamente 1.000 euros.

Vigo, 13 de decembro de 2013

P.D. (Resolución 5.9.2011; DOG do 14 de setembro)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo