Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 26 de decembro de 2013 Páx. 50161

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 26 de novembro de 2013, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, polo que se notifica a Resolución do 7 de novembro de 2013 recaída no expediente sancionador en materia de xogo OU-2/13.

Segundo consta no expediente, intentada a práctica da notificación a Serafín Vázquez Costa, en relación co expediente sancionador en materia de xogo OU-2/13 que se relaciona no anexo que se achega, non foi posible efectuala, polo que esta Dirección Xeral de Emerxencias e Interior acorda proceder á notificación da dita resolución por medio da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello de Lugo, ao abeiro do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 24/2001, do 27 de decembro.

O interesado poderá examinar a citada resolución completa no Servizo de Xogo da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, sito na rúa Roma, 25-27, de Santiago de Compostela, desde as 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

De acordo co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificados pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra a resolución do expediente indicado, que non esgota a vía administrativa, poderá o interesado interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, podendo interporse o dito recurso ou calquera outro que considere pertinente ao seu dereito, ante esta dirección xeral e/ou ante a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2013

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO

Expediente: OU-2/13.

Interesado: Serafín Vázquez Costa.

DNI/NIF: 33308445Y.

Último enderezo coñecido: rúa Ramón Montenegro, 40, 6º I, Lugo.

Data da resolución: 7 de novembro de 2013.

Tipificación e precepto infrinxido: leve.

Sanción: apercibimento.