Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 26 de decembro de 2013 Páx. 50163

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo 4600/2013 contra a Resolución do 25 de xuño 2012, da aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal de Leiro.

Nesta secretaría xeral recibiuse escrito do presidente da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número 4600/2013 interposto por Andrés Guillermo Deive Franco, contra a Resolución do 25 de xuño 2012, da aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal de Leiro (Ourense).

Para os efectos de cumprir co solicitado no devandito escrito, faise constar que o expediente xa foi remitido por esta secretaría á sección segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o 2 de decembro de 2013.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, emprazándoas para que poidan comparecer como demandados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2013

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas