Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 26 de decembro de 2013 Páx. 50164

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 2 de decembro de 2013, do Servizo de Mobilidade da Coruña, pola que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente XC-02731-O-2013 e seis máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan os acordos de incoación por infracción da normativa sobre transporte terrestre, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar. Por este motivo iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar á imposición das sancións que tamén se citan.

Son informados de que teñen dereito a alegar por escrito, ante o Servizo de Mobilidade, o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas no prazo de quince días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días, contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte do interesado e a terminación do procedemento.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 2 de decembro de 2013

César Concheiro Ceide
Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto
cualificador

Precepto
sancionador

Sanción
proposta

XC-02731-O-2013

3472-GXC

Garda Civil 1503 W-04047-P

Noelia López Garrido

34266850R

Travesía de Uxes, 34

15690 Arteixo, A Coruña

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías nun vehículo lixeiro, carecendo do título habilitante.

1.7.2013; 9.40; AP-9F; 25,2

Art. 140.1 da LOTT,

art. 141.25 da LOTT

Art. 143.1.k) da LOTT,

art. 143.1.f) da LOTT

801 euros

XC-02859-O-2013

6012-HCC

Garda Civil 1500 M-99561-Y

Logística Eje Atlántico, S.L.

B70139761

Bergondo, 32-Por. R

15166 Bergondo, A Coruña

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías nun vehículo lixeiro, carecendo do título habilitante.
20.6.2013; 9.12; SC-20; 2,2

Art. 140.1 da LOTT,

art. 141.25 da LOTT

Art. 143.1.k) da LOTT, art. 143.1.f) da LOTT

801 euros

XC-02902-O-2013

8212-BVT

Garda Civil 1503 N-41519-R

López y Leis, S.A.

A15210669

Cn. Iglesia, 40

15009 A Coruña

O exceso igual ou superior ao 25 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 35 %.
7.6.2013; 8.43; AP-9; 25,5

Art. 140.23 da LOTT

Art. 143.1.h) da LOTT

4.000 euros

XC-02959-O-2013

V-5270-FS

Garda Civil 1525 P-11649-Z

Juan Jesús Oreiro Oreiro

78789350K

Grixoa, 2

15845 Santa Comba, A Coruña

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou digital, que se estea utilizando.
1.7.2013; 20.03; N-550; 12

Art. 140.35 da LOTT

Art. 143.1.g) da LOTT

1.001 euros

XC-03001-O-2013

1709-FJW

Garda Civil 1502 Q-97183-H

José Luis Camaras Areas

76819570F

Rúa Lisboa, 12-2º C

15707 Santiago de Compostela

A Coruña

Diminución do descanso diario reducido (sobre 9 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.
2.7.2013; 10.32; AC-546; 1

Art. 142.17 da LOTT

Art. 143.1.a) da LOTT, art. 143.4.b) da LOTT

100 euros

XC-03058-O-2013

M-2709-OV

Garda Civil 1500 C-35644-I

Pescados Bermúdez, S.L.

B15245137

Rosalía de Castro, O Milladoiro, 46

15864 Ames, A Coruña

A realización de transportes de produtos alimenticios ou mercadorías perecedoiras utilizando un vehículo que careza do certificado de conformidade para o transporte de mercadorías perecedoiras ou telo caducado ou falseado.

5.7.2013; 3.36; N-550; 76,5

Art. 141.21 da LOTT

Art. 143.1.d) da LOTT

401 euros

XC-03110-O-2013

6012-HCC

Garda Civil 1500 M-99561-Y

Logística Eje Atlántico, S.L.

B70139761

P.i. Bergondo R 32

15166 Bergondo, A Coruña

O exceso igual ou superior ao 15 por cento e inferior ao 25 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 19 %.
20.6.2013; 9.12; SC-20; 2,2

Art. 141.2 da LOTT

Art. 143.1.f) da LOTT

900 euros