Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 26 de decembro de 2013 Páx. 50159

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 20 de novembro de 2013, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, polo que se notifica a Resolución do 31 de outubro de 2013 recaída no expediente sancionador en materia de xogo P-2/13.

Segundo consta no expediente, intentada a práctica da notificación á entidade Creaciones Textiles de Colores, S.L., en relación co expediente sancionador en materia de xogo P-2/13 que se relaciona no anexo que se achega, non foi posible efectuala polo que esta Dirección Xeral de Emerxencias e Interior acorda proceder á notificación da dita resolución por medio da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do Concello de Vigo, ao abeiro do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 24/2001, do 27 de decembro.

A interesada poderá examinar a citada resolución completa no Servizo de Xogo da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, sito na rúa Roma, 25-27, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

De acordo co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificados pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra a resolución do expediente indicado, que non esgota a vía administrativa, poderá a interesada interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, podendo interporse o dito recurso ou calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito ante esta dirección xeral e/ou ante a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2013

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO

Expediente: P-2/13.

Interesada: Creaciones Textiles de Colores, S.L.

DNI/NIF: 27753235Y.

Último enderezo coñecido: rúa Rosalía de Castro, 25, baixo, Vigo.

Data da resolución: 31 de outubro de 2013.

Tipificación e precepto infrinxido: moi grave.

Sanción: 18.000,01 euros.