Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 26 de decembro de 2013 Páx. 50177

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2013/37-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Aguas de las Cuencas de España, S.A.

Domicilio social: Agustín Betancourt, nº 25-4º andar, 28042 Madrid.

Denominación: CS, LMT e CT ETAP As Coíñas.

Situación: Ourense.

Características técnicas:

CS (centro de seccionamento e medida) composto por cela modular de entrada e saída de liña de 24 kV, cela modular de protección xeral de 24 kV e cela modular de medida de enerxía de 24 kV.

LMT subterránea de 450 m de lonxitude a 20 kV, con condutor RHZ1 2OL12/20 kV 3×(1×150 mm2), que discorre entre o CS anterior e o CT proxectado.

CT proxectado con aparellaxe para o nivel de tensión 20 kV, cela modular de entrada e saída de liña de 24 kV, cela modular de protección de transformador. Transformador trifásico de potencia 1.000 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 63.131,17 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial, resuelve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente. Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e/ou autorizacións que sexan precisas, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables, e en especial as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquer outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Ourense, 11 de decembro de 2013

P.S.L. (Decreto 110/2013, de 4 de xullo)
Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe do Servizo de Administración Industrial