Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 26 de decembro de 2013 Páx. 50176

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2013/58-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Aguas de las Cuencas de España, S.A.

Domicilio social: Agustín Betancourt 25-4º planta, 28003 Madrid.

Denominación: centro de seccionamento e CT planta para bombeo marxe dereita.

Situación: Ourense.

Características técnicas:

LMT subterránea de 205 m de lonxitude a 20 kV, con condutor RHZ1 2L12/20 kV 3×(1×150 mm2), que discorre entre o centro de seccionamento e medida proxectado (con cela de entrada/saída, cela de seccionamento, cela de protección e cela de medida) e o CT proxectado con cela de entrada, cela de protección e cela de medida para transformador seco de 630 kVA e R/T 20.000/420-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 9 de decembro de 2013

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe do Servizo de Administración Industrial