Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 23 de decembro de 2013 Páx. 49470

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5217/2011).

Tipo e nº de recurso: recurso suplicación 5217/2011.

Xulgado de orixe/autos: demanda 0001181/2008 Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela.

Recorrente: Eliseo Rey Conde.

Avogado: Pedro María García Cacho.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Servizo Galego de Saúde, Fogasa, Construcciones J. Durycar, S.L., Ibermutuamur, mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social número 274.

Avogado: Serv. Xurídico Seg. Social (provincial), María del Carmen Orjales Mariño.

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5217/2011, seguido por instancia de Eliseo Rey Conde contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Servizo Galego de Saúde, Fogasa, Construcciones J. Durycar, S.L., Ibermutuamur, mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social número 274, sobre accidente, se ditou resolución coa seguinte parte dispositiva:

«Resolvemos que, desestimando o recurso de suplicación interposto polo letrado Pedro María García Cacho, en nome e representación de Eliseo Rey Conde, debemos confirmar e confirmamos a sentenza do 30 de maio de 2011, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela en autos nº 1181/2008, promovidos por Eliseo Rey Conde contra Ibermutuamur, mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social número 274, o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, o Servizo Galego de Saúde e a empresa Construcciones J. Durycar, S.L.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta corrente desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que produza os efectos legais e sirva de notificación á empresa Construcciones J. Durycar, S.L., con último domicilio coñecido na Rúa Nova, 18, 36640 Pontecesures (Pontevedra), expido e asino este edicto.

A Coruña, 29 de novembro de 2013

A secretaria xudicial