Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 20 de decembro de 2013 Páx. 49282

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 25 de novembro de 2013 pola que se notifica o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 11 de xullo de 2013 que resolve o recurso de reposición do predio número 039 sito en Baiona, relativo ao proxecto 00998 (expediente 2010/005664).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible efectuar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlle mediante esta cédula a José Fernández Rodríguez o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 11 de xullo de 2013, mediante o cal se resolve o recurso de reposición do predio nº 039 sito en Baiona, relativo ao proxecto 00998, expediente 2010/005664, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i ), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2013

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 00998 Mellora da funcionalidade da autoestrada Val Miñor AG-57. Construción de novos ramais nos enlaces Sabarís, A Ramallosa e Nigrán. Clave: PO/06/049.01.

Nº de expediente: 2010/005664.

Persoa que se notifica: José Fernández Rodríguez.

Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Pontevedra.

Expropiado: José Fernández Rodríguez.

Beneficiario: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Pontevedra.

Predio nº: 039.

Concello: Baiona.

Provincia: Pontevedra.

Valoración da resolución do Xurado: 17.157 €.