Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 20 de decembro de 2013 Páx. 49280

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 25 de novembro de 2013 pola que se notifica o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 1 de agosto de 2013 que resolve o recurso de reposición do predio número 13 Ar sito en Narón, relativo ao proxecto 01032 (expediente 2011/001317).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible efectuar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlle mediante esta cédula a Granitos Ferrol & Narón, S.L. o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 1 de agosto de 2013, mediante o cal se resolve o recurso de reposición do predio número 13 Ar sito en Narón, relativo ao proxecto 01032, expediente 2011/001317, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i ), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2013

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 01032-mellora da seguridade viaria na estrada AC-566 Narón (AC-862)-Campo do Hospital (AC-862), p.q. 1,150 ao 2,750.

Clave: AC/06/212.06.

Nº de expediente: 2011/001317.

Persoa que se notifica: Granitos Ferrol & Narón, S.L.

Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas da Coruña.

Expropiada: Granitos Ferrol & Narón, S.L.

Beneficiario: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas da Coruña.

Predio nº: 13 Ar.

Concello: Narón.

Provincia: A Coruña.

Valoración da resolución do Xurado: 115.584,80 €.