Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 20 de decembro de 2013 Páx. 49046

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 5 de decembro de 2013 pola que se autoriza a implantación de ensinanzas universitarias oficiais de doutoramento nas universidades do Sistema universitario de Galicia, para o curso 2013/14 e se inicia o proceso de extinción dos programas oficiais de doutoramento autorizados polo Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro.

A Lei orgánica 6/2001, do 21 de xaneiro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, establece que a implantación e supresión de ensinanzas conducentes á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional, serán acordadas pola Comunidade Autónoma, logo de solicitude de implantación polas universidades, segundo o disposto na lexislación vixente.

Polo Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, modificado polo Real decreto 861/2010, do 2 de xullo, establécese a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, dispoñendo no seu capítulo VI o procedemento de verificación e acreditación dos títulos. Os plans de estudos serán verificados mediante resolución do Consejo de Universidades e autorizados pola Comunidade Autónoma. Mediante acordo do Consello de Ministros establecerase o carácter oficial dos títulos e procederase á súa inscrición no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT). O Real decreto 99/2011, do 28 de xaneiro, polo que se regulan as ensinanzas oficiais de doutoramento, dou unha nova regulación ás ensinanzas de doutoramento.

No ámbito autonómico esta materia está regulada pola Lei 6/2013, do 13 de xuño, do sistema universitario de Galicia e a Orde do 20 de marzo de 2012 pola que se desenvolve o Decreto 222/2011, do 2 de decembro, polo que se regulan as ensinanzas universitarias oficiais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

No Decreto 222/2011, do 2 de decembro, establécese que o procedemento para obter a autorización de implantación das ensinanzas universitarias oficiais no ámbito territorial propio da Comunidade Autónoma farase por orde da consellería competente en materia de universidades e publicarase no Diario Oficial de Galicia. Previamente terá que ser informado polo Consello Galego de Universidades, de acordo co previsto no artigo 56 da citada Lei 6/2013, do 13 de xuño, do sistema universitario de Galicia.

Coa entrada en vigor do Real decreto 99/2011, en consonancia co Decreto 222/2011, iníciase unha nova etapa de reorganización xeral dos estudos de posgrao diferenciando o máster universitario do programa de doutoramento. No Real decreto 534/2013, de modificación do Real decreto 99/2011, indícase que todos os programas de doutoramento, xa verificados, deben estar adaptados ao citado Real decreto 99/2011, antes do inicio do curso 2014/15. Neste contexto de reorganización e adaptación do conxunto da oferta existente no Sistema universitario de Galicia, as universidades da Coruña (UDC), Santiago de Compostela (USC) e Vigo (UVIGO) presentaron, o 14 de novembro de 2012, as súas propostas de reorganización do conxunto dos estudos de doutoramento, diferenciando aquelas que se adaptan ás novas iniciativas recollidas na regulación contida no Real decreto 99/2011 para o curso 2013/14, daqueloutras que continúan inalterables ata a súa efectiva extinción con anterioridade ao 30 de setembro de 2017.

O Pleno do Consello Galego de Universidades nas sesións do 25 de xaneiro e do 31 de xullo de 2013, no exercicio das súas competencias, acordou informar favorablemente a solicitude de implantación polas universidades do Sistema universitario de Galicia, dos seguintes programas de doutoramento, adaptados ao Real decreto 99/2011:

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo 1

Autorizar a implantación na Universidade da Coruña para o curso 2013/14, das ensinanzas universitarias oficiais de:

1. Programa de doutoramento en Análise Económica e Empresarial. Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Competitividade, Innovación e Desenvolvemento: Análise Económica e Empresarial da UDC autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5310198.

2. Programa de doutoramento en Arquitectura e Urbanismo. Esta autorización inicia o proceso de extinción das seguintes titulacións: programa de doutoramento en Arquitectura e Rehabilitación da UDC autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5310195 e o programa de doutoramento en Plans e Proxectos: Do Territorio á Cidade da UDC autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (publicado polo DOG do 8 de febreiro) con código RUCT 5311577.

3. Programa de doutoramento en Bioloxía Celular e Molecular. Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Bioloxía Celular e Molecular da UDC autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5310196.

4. Programa de doutoramento en Biotecnoloxía Avanzada (interuniversitario). Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Biotecnoloxía Avanzada da UVIGO (coordinadora) e da UDC polo Decreto 245/2011, do 15 de decembro (publicado no DOG do 3 de xaneiro de 2012) con código RUCT 5311920.

5. Programa de doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Ambiental. Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Ambiental da UDC autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5311144.

6. Programa de doutoramento en Ciencias do Deporte, Educación Física e Actividade Física Saudable. Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Deporte, Educación Física e Ocio Saudable da UDC autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5310199.

7. Programa de doutoramento en Computación. Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Computación da UDC autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5311145.

8. Programa de doutoramento en Dereito. Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Dereito da UDC autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5310200.

9. Programa de doutoramento en Dereito Administrativo Iberoamericano (interuniversitario) autorizado pola presente orde.

10. Programa de doutoramento en Enerxía e Propulsión Mariña (interuniversitario). Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Enxeñaría Marítima da UDC autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (publicado polo DOG do 8 de febreiro) con código RUCT 5311575.

11. Programa de doutoramento en Enxeñaría Civil. Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Enxeñaría Civil da UDC autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5310206.

12. Programa de doutoramento en Enxeñaría Naval e Industrial. Esta autorización inicia o proceso de extinción das seguintes titulacións: programa de doutoramento en Enxeñaría Industrial da UDC autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5311149 e programa de doutoramento en Tecnoloxías Navais e Oceánicas da UDC autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5311157.

13. Programa de doutoramento en Equidade e Innovación en Educación (interuniversitario), que se autoriza pola presente orde.

14. Programa de doutoramento en Estadística e Investigación Operativa (interuniversitario). Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Estatística e Investigación Operativa coordinado pola USC, no que tamén participan a UDC e a UVIGO, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (publicado no DOG do 8 de febreiro) con código RUCT 5311319.

15. Programa de doutoramento en Estudos Ingleses Avanzados: Lingüística, Literatura e Cultura (interuniversitario). Esta autorización inicia o proceso de extinción das seguintes titulacións: programa de doutoramento en Estudos Ingleses Avanzados: Interpretación Textual e Cultural das Sociedades Anglófonas Contemporáneas da UVIGO autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5310698, programa de doutoramento en Estudos Ingleses: Tendencias Actuais e Aplicacións da USC autorizado polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (publicado no DOG do 16 de abril) con código RUCT 5311339, e programa de doutoramento en Novas Aproximacións os Estudos Anglo-Norteamericanos e Irlandeses da UDC autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro), con código RUCT 5310210.

16. Programa de doutoramento en Estudos Lingüísticos (interuniversitario). Esta autorización inicia o proceso de extinción das seguintes titulacións: programa de doutoramento en Estudos Lingüísticos e Literarios do Galego e do Portugués da UDC autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5310203, programa de doutoramento en Lingua, Texto e Expresión Artística da UDC autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5310207, programa de doutoramento en Lingüística e as súas Aplicacións coordinado por la UVIGO, no que tamén participa a UDC autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5310708 e programa de doutoramento en Lingüística Galega da UVIGO autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5310707.

17. Programa de doutoramento en Estudos Literarios (interuniversitario). Esta autorización inicia o proceso de extinción das seguintes titulacións: programa de doutoramento en Estudos Lingüísticos e Literarios do Galego e do Portugués da UDC autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5310203, programa de doutoramento en Lingua, Texto e Expresión Artística da UDC autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5310207 e programa de doutoramento en Artes Escénicas da UVIGO autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5310690.

18. Programa de doutoramento en Investigación Agraria e Forestal (interuniversitario). Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Investigación Agraria e Forestal da USC, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5310617.

19. Programa de doutoramento en Investigación en Tecnoloxías da Información (interuniversitario). Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Investigación en Tecnoloxías da Información coordinado pola USC, no que tamén participa a UDC autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5311324.

20. Programa de doutoramento en Láser, Fotónica e Visión (interuniversitario). Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Fotónica e Tecnoloxías do Láser coordinado pola USC, no que tamén participan a UDC e a UVIGO, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (publicado no DOG do 8 de febreiro) con código RUCT 5311380.

21. Programa de doutoramento en Química Ambiental e Fundamental. Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Química Ambiental e Fundamental da UDC autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (publicado polo DOG do 8 de febreiro) con código RUCT 5311578.

22. Programa de doutoramento en Sociedade do Coñecemento: Novas Perspectivas en Documentación, Comunicación e Humanidades (interuniversitario) autorizado pola presente orde.

23. Programa de doutoramento en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións. Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da UDC autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5311156.

Artigo 2

Autorizar a implantación na Universidade de Santiago de Compostela para o curso 2013/14, das ensinanzas universitarias oficiais de:

1. Programa de doutoramento en Avances e Novas Estratexias en Ciencias Forenses, que se autoriza pola presente orde.

2. Programa de doutoramento en Avances en Bioloxía Microbiana e Parasitaria. Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Avances en Bioloxía Microbiana e Parasitaria da USC autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5310597.

3. Programa de doutoramento en Ciencia de Materiais. Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Ciencia de Materiais da USC autorizado polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (publicado no DOG do 16 de abril) con código RUCT 5311329.

4. Programa de doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Química (interuniversitario). Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Química coordinado pola USC, no que tamén participa a UVIGO autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (publicado no DOG do 8 de febreiro) con código RUCT 5310599.

5. Programa de doutoramento en Ciencias Odontolóxicas. Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Ciencias Odontolóxicas da USC autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5311318.

6. Programa de doutoramento en Dereito, que se autoriza pola presente orde.

7. Programa de doutoramento en Desenvolvemento Rexional e Integración Económica. Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Desenvolvemento Rexional e Integración Económica da USC autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (publicado no DOG do 8 de febreiro) con código RUCT 5310602.

8. Programa de doutoramento en Economía e Empresa. Esta autorización inicia o proceso de extinción das seguintes titulacións: programa de doutoramento en Desenvolvemento Económico e Innovación da USC autorizado polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (publicado no DOG do 16 de abril) con código RUCT 5311332, programa de doutoramento en Dirección de Empresas da USC autorizado polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (publicado no DOG do 16 de abril) con código RUCT 5311334 e programa de doutoramento en Economía Aplicada da USC autorizado polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (publicado no DOG do 16 de abril) con código RUCT 5311337.

9. Programa de doutoramento en Educación. Esta autorización inicia o proceso de extinción das seguintes titulacións: programa de doutoramento en Avaliación de Programas e Institucións de Formación da USC autorizado polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (publicado no DOG do 16 de abril) con código RUCT 5311340, programa de doutoramento en Deseño e Innovación na Formación da USC autorizado polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (publicado no DOG do 16 de abril) con código RUCT 5311335, programa de doutoramento en Didáctica das Ciencias Experimentais e da Matemática da USC autorizado polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (publicado no DOG do 16 de abril) con código RUCT 5311333 e programa de doutoramento en Educación, Cultura da Sustentabilidade e Desenvolvemento da USC autorizado polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (publicado no DOG do 16 de abril) con código RUCT 5311338.

10. Programa de doutoramento en Endocrinoloxía (interuniversitario). Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Endocrinoloxía coordinado pola USC, no que tamén participa a UVIGO, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) para a USC e polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (publicado no DOG do 16 de abril) para a UVIGO con código RUCT 5310605.

11. Programa de doutoramento en Enerxías Renovables e Sustentabilidade Enerxética. Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Enerxías Renovables e Sostibilidade Enerxética da USC, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (publicado no DOG do 8 de febreiro) con código RUCT 5310606.

12. Programa de doutoramento en Enxeñaría para o Desenvolvemento Rural e Civil. Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Enxeñaría para o Desenvolvemento Rural da USC autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5310614.

13. Programa de doutoramento en Enxeñaría Química e Ambiental. Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Enxeñaría Química e Ambiental da USC autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5310615.

14. Programa de doutoramento en Epidemioloxía e Saúde Pública. Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Saúde Pública da USC autorizado polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (publicado no DOG do 16 de abril) con código RUCT 5311354.

15. Programa de doutoramento en Equidade e Innovación en Educación (interuniversitario), que se autoriza pola presente orde.

16. Programa de doutoramento en Estatística e Investigación Operativa (interuniversitario). Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Estatística e Investigación Operativa coordinado pola USC, no que tamén participan a UDC e a UVIGO, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (publicado no DOG do 8 de febreiro) con código RUCT 5311319.

17. Programa de doutoramento en Estudos da Literatura e a Cultura. Esta autorización inicia o proceso de extinción das seguintes titulacións: programa de doutoramento en Estudo e Edición de Textos Literarios Españois e Latinoamericanos da USC autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5311320, programa de doutoramento en Estudos Franceses coordinado pola USC, no que tamén participa a Universidade de Nantes autorizado polo Decreto 187/2010, do 11 de novembro (publicado no DOG do 17 de novembro) con código RUCT 5311813, programa de doutoramento en Filoloxía Clásica da USC, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5310607, programa de doutoramento en Lingua e Literatura Alemás da USC, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5310620, programa de doutoramento en Literaturas Galega e Lusófonas: Cultura e Identidade da USC, autorizado polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (publicado no DOG do 16 de abril) con código RUCT 5311350 e programa de doutoramento en Teoría da Literatura e Literatura Comparada da USC autorizado polo Decreto 53/2008, do 13 de marzo (publicado no DOG do 28 de marzo) con código RUCT 5310627.

18. Programa de doutoramento en Estudos Ingleses Avanzados: Lingüística, Literatura e Cultura (interuniversitario). Esta autorización inicia o proceso de extinción das seguintes titulacións: programa de doutoramento en Estudos Ingleses Avanzados: Interpretación Textual e Cultural das Sociedades Anglófonas Contemporáneas da UVIGO autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5310698, programa de doutoramento en Estudos Ingleses: Tendencias Actuais e Aplicacións da USC autorizado polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (publicado no DOG do 16 de abril) con código RUCT 5311339, e programa de doutoramento en Novas Aproximacións ós Estudos Anglo-Norteamericanos e Irlandeses da UDC autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5310210.

19. Programa de doutoramento en Estudos Medievais, que se autoriza pola presente orde.

20. Programa de doutoramento en Filosofía. Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Filosofía: Cuestións Actuais da USC, autorizado polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (publicado no DOG do 16 de abril) con código RUCT 5311342.

21. Programa de doutoramento en Física Nuclear e de Partículas. Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Física Nuclear e de Partículas da USC, autorizado polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (publicado no DOG do 16 de abril) con código RUCT 5311344.

22. Programa de doutoramento en Historia, Xeografía e Historia da Arte. Esta autorización inicia o proceso de extinción das seguintes titulacións: programa de doutoramento na Europa Medieval e Moderna: Territorio, Sociedade e Cultura da USC, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5310619, programa de doutoramento en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade da USC autorizado polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (publicado no DOG do 16 de abril) con código RUCT 5311317, e programa de doutoramento en Estudos sobre Historia da Arte e da Música da USC autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5311321.

23. Programa de doutoramento en Investigación Agraria e Forestal (interuniversitario). Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Investigación Agraria e Forestal da USC, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5310617.

24. Programa de doutoramento en Investigación Básica e Aplicada en Ciencias Veterinarias. Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Investigación Básica e Aplicada en Ciencias Veterinarias da USC autorizado polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (publicado no DOG do 16 de abril) con código RUCT 5311347.

25. Programa de doutoramento en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos. Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos da USC autorizado polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (publicado no DOG do 16 de abril) con código RUCT 5311349.

26. Programa de doutoramento en Investigación en Tecnoloxías da Información (interuniversitario). Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Investigación en Tecnoloxías da Información coordinado pola USC, no que tamén participa a UDC autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5311324.

27. Programa de doutoramento en Láser, Fotónica e Visión (interuniversitario). Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Fotónica e Tecnoloxías do Láser coordinado pola USC, no que tamén participan a UDC e a UVIGO, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (publicado polo DOG do 8 de febreiro) con código RUCT 5311380.

28. Programa de doutoramento en Lingüística. Esta autorización inicia o proceso de extinción das seguintes titulacións: programa de doutoramento en Estudos Franceses coordinado pola USC, no que tamén participa a Universidade de Nantes autorizado polo Decreto 187/2010, do 11 de novembro (publicado no DOG do 17 de novembro) con código RUCT 5311813, programa de doutoramento en Lingua e Literatura Alemás da USC, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5310620, programa de doutoramento en Lingüística Aplicada e Teoría da Lingüística da USC autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5310621, programa de doutoramento en Lingüística Española da USC, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5310622, e programa de doutoramento en Lingüística Galega da USC, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5310623.

29. Programa de doutoramento en Márketing Político, Actores e Institucións nas Sociedades Contemporáneas, que se autoriza pola presente orde.

30. Programa de doutoramento en Matemáticas. Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Matemáticas da USC autorizado polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (publicado no DOG do 16 de abril) con código RUCT 5311351.

31. Programa de doutoramento en Medicina e Sanidade Veterinaria. Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Investigación en Medicina e Sanidade Veterinaria autorizado polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (publicado no DOG do 16 de abril) con código RUCT 5311348.

32. Programa de doutoramento en Medicina Molecular. Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Medicina Molecular autorizado polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (publicado no DOG do 16 de abril) con código RUCT 5311352.

33. Programa de doutoramento en Métodos Matemáticos e Simulación Numérica en Enxeñaría e Ciencias Aplicadas (interuniversitario). Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Métodos Matemáticos e Simulación Numérica en Enxeñaría e Ciencias Aplicadas coordinado pola USC, no que tamén participan a UDC e a UVIGO, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (publicado polo DOG do 8 de febreiro) con código RUCT 5311494.

34. Programa de doutoramento en Neurociencia e Psicoloxía Clínica (interuniversitario). Esta autorización inicia o proceso de extinción das seguintes titulacións: programa de doutoramento en Neurociencia da USC (coordinadora), da UDC e da UVIGO autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (publicado polo DOG do 8 de febreiro) con código RUCT 5310626 e do programa de doutoramento en Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía da USC autorizado polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (publicado polo DOG do 16 de abril) con código RUCT 5311353.

35. Programa de doutoramento en Procesos Psicolóxicos e Comportamento Social, que se autoriza pola presente orde.

36. Programa de doutoramento en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, Xurídica-Forense e do Consumidor e Usuario, que se autoriza pola presente orde.

37. Programa de doutoramento en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio, que se autoriza pola presente orde.

Artigo 3

Autorizar a implantación na Universidade de Vigo para o curso 2013/14, das ensinanzas universitarias oficiais de:

1. Programa de doutoramento en Biotecnoloxía Avanzada (interuniversitario). Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Biotecnoloxía Avanzada da UVIGO (coordinadora) e da UDC polo Decreto 245/2011, do 15 de decembro (publicado no DOG do 3 de xaneiro de 2012) con código RUCT 5311920.

2. Programa de doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria. Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria da UVIGO autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (publicado no DOG do 8 de febreiro) con código RUCT 5311844.

3. Programa de doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Química (interuniversitario). Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Química coordinado pola USC, no que tamén participa a UVIGO, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (publicado no DOG do 8 de febreiro) con código RUCT 5310599.

4. Programa de doutoramento en Ciencias da Educación e do Comportamento. Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Dificultades de Aprendizaxe e Procesos Cognitivos da UVIGO, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5310692.

5. Programa de doutoramento en Comunicación. Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Investigación en Comunicación da UVIGO, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5310704.

6. Programa de doutoramento en Creación e Investigación en Arte Contemporánea. Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Arte Contemporánea, Creación e Investigación da UVIGO, autorizado polo Decreto 245/2011, do 15 de decembro (publicado no DOG do 3 de xaneiro de 2012) con código RUCT 5311896.

7. Programa de doutoramento en Economía e Empresa. Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Economía da UVIGO, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5310694.

8. Programa de doutoramento en Endocrinoloxía (interuniversitario). Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Endocrinoloxía coordinado pola USC, no que tamén participa a UVIGO, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) para a USC e polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (publicado no DOG do 16 de abril) para a UVIGO con código RUCT 5310605.

9. Programa de doutoramento en Enxeñaría Química. Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Enxeñaría Química da UVIGO, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5310701.

10. Programa de doutoramento en Equidade e Innovación en Educación (interuniversitario), que se autoriza pola presente orde.

11. Programa de doutoramento en Estatística e Investigación Operativa (interuniversitario). Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Estatística e Investigación Operativa coordinado pola USC, no que tamén participan a UDC e a UVIGO, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (publicado no DOG do 8 de febreiro) con código RUCT 5311319.

12. Programa de doutoramento en Estudos Ingleses Avanzados: Lingüística, Literatura e Cultura (interuniversitario). Esta autorización inicia o proceso de extinción das seguintes titulacións: programa de doutoramento en Estudos Ingleses Avanzados: Interpretación Textual e Cultural das Sociedades Anglófonas Contemporáneas da UVIGO autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5310698, programa de doutoramento en Estudos Ingleses: Tendencias Actuais e Aplicacións da USC autorizado polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (publicado no DOG do 16 de abril) con código RUCT 5311339, e programa de doutoramento en Novas Aproximacións ós Estudos Anglo-Norteamericanos e Irlandeses da UDC autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5310210.

13. Programa de doutoramento en Estudos Lingüísticos (interuniversitario). Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Estudos Lingüísticos e Literarios do Galego e do Portugués da UDC autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5310203, programa de doutoramento en Lingua, Texto e Expresión Artística da UDC autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5310207, programa de doutoramento en Lingüística e as súas Aplicacións coordinado pola UVIGO, no que tamén participa a UDC autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5310708 e programa de doutoramento en Lingüística Galega da UVIGO autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5310707.

14. Programa de doutoramento en Estudos Literarios (interuniversitario). Esta autorización inicia o proceso de extinción das seguintes titulacións: programa de doutoramento en Estudos Lingüísticos e Literarios do Galego e do Portugués da UDC autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5310203, programa de doutoramento en Lingua, Texto e Expresión Artística da UDC autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5310207 e programa de doutoramento en Artes Escénicas da UVIGO autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5310690.

15. Programa de doutoramento en Investigación en Tecnoloxías e Procesos Avanzados na Industria. Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Investigación en Tecnoloxías e Procesos Avanzados na Industria autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5310706.

16. Programa de doutoramento en Láser, Fotónica e Visión (interuniversitario). Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Fotónica e Tecnoloxías do Láser coordinado pola USC, no que tamén participan a UDC e a UVIGO, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (publicado polo DOG do 8 de febreiro) con código RUCT 5311380.

17. Programa de doutoramento en Metodoloxía e Aplicacións en Ciencias da Vida. Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Metodoloxía e Aplicacións en Ciencias da Vida da UVIGO autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5310710.

18. Programa de doutoramento en Métodos Matemáticos e Simulación Numérica en Enxeñaría e Ciencias Aplicadas (interuniversitario). Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Métodos Matemáticos e Simulación Numérica en Enxeñaría e Ciencias Aplicadas coordinado pola USC, no que tamén participan a UDC e a UVIGO, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (publicado polo DOG do 8 de febreiro) con código RUCT 5311494.

19. Programa de doutoramento en Neurociencia e Psicoloxía Clínica (interuniversitario). Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Neurociencia da USC (coordinadora), da UDC e da UVIGO autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (publicado polo DOG do 8 de febreiro) con código RUCT 5310626 e do programa de doutoramento en Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía da USC autorizado polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (publicado polo DOG do 16 de abril) con código RUCT 5311353.

20. Programa de doutoramento en Ordenación Xurídica do Mercado. Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Ordenación Xurídica do Mercado da UVIGO autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5310712.

21. Programa de doutoramento en Sistemas Software Intelixentes e Adaptables. Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Sistemas Software Intelixentes e Adaptables da UVIGO autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5310715.

22. Programa de doutoramento en Tecnoloxía Aeroespacial: Enxeñarías Electromagnética, Electrónica, Informática e Mecánica (interuniversitario). Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Radiocomunicación e Enxeñaría Electromagnética da UVIGO autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5310714.

23. Programa de doutoramento en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións. Esta autorización inicia o proceso de extinción das seguintes titulacións: programa de doutoramento en Enxeñaría Telemática da UVIGO autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5310702 e do programa de doutoramento en Teoría do Sinal e Comunicacións da UVIGO autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5310716.

24. Programa de doutoramento en Tradución e Paratradución. Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Tradución e Paratradución da UVIGO autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5310717.

25. Programa de doutoramento en Xeotecnoloxías Aplicadas á Construción, Enerxía e Industria (interuniversitario). Esta autorización inicia o proceso de extinción da seguinte titulación: programa de doutoramento en Tecnoloxía Medioambiental da UVIGO autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (publicado no DOG do 15 de decembro) con código RUCT 5311382.

Artigo 4

As titulacións reflectidas nos artigos anteriores, autorizadas polo Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, quedarán completamente extinguidas, con anterioridade ao 30 de setembro de 2017, de conformidade coa disposición transitoria primeira do Real decreto 99/2011.

Artigo 5

Programas oficiais de doutoramento autorizados polo Real decreto 1393/2007, de 29 de outubro e non adaptados ao Real decreto 99/2011, do 28 de xaneiro, que quedarán extinguidos, con anterioridade ao 30 de setembro de 2017, que se relacionan:

Universidade da Coruña (UDC):

1. Programa de doutoramento en Acuicultura (interuniversitario, coordina USC).

2. Programa de doutoramento en Ciencias Sociosanitarias.

3. Programa de doutoramento en Dirección e Planificación do Turismo (interuniversitario, coordina UVIGO).

4. Programa de doutoramento en Dirección Integrada de Proxectos.

5. Programa de doutoramento en Enxeñaría da Auga.

6. Programa de doutoramento en Innovación, Orientación e Avaliación Educativa.

7. Programa de doutoramento en Investigación en Migracións Internacionais.

8. Programa de doutoramento en Investigación Psicolóxica en Contextos Educativos.

9. Programa de doutoramento en Psicoloxía da Saúde.

10. Programa de doutoramento en Saúde, Discapacidade e Dependencia.

Universidade de Santiago de Compostela (USC):

1. Programa de doutoramento en Acuicultura (interuniversitario, coordina USC).

2. Programa de doutoramento en Administracións, Institucións Públicas e Estudos Internacionais.

3. Programa de doutoramento en Atención Integral da Saúde.

4. Programa de doutoramento en Bioquímica e Bioloxía Molecular.

5. Programa de doutoramento en Ciencias Forenses e Patoloxía.

6. Programa de doutoramento en Condicionantes Xenéticos, Nutricionais e Ambientais do Crecemento e do Desenvolvemento.

7. Programa de doutoramento en Dereito Privado: Perspectiva Autonómica, Estatal e Europea.

8. Programa de doutoramento en Dirección e Planificación do Turismo (interuniversitario, coordina UVIGO).

9. Programa de doutoramento en Economía.

10. Programa de doutoramento en Educación, Xénero e Igualdade.

11. Programa de doutoramento en Enxeñaría Biotecnolóxica.

12. Programa de doutoramento en Estudos sobre Xuventude e Sociedade.

13. Programa de doutoramento en Filoloxía Románica.

14. Programa de doutoramento en Fiscalidade Internacional e Comunitaria.

15. Programa de doutoramento en Historia da Arte Medieval.

16. Programa de doutoramento en Humanidades e Servizos Culturais.

17. Programa de doutoramento en Industrias Alimentarias: Ciencia, Enxeñaría e Prevención de Riscos Laborais.

18. Programa de doutoramento en Morfoloxía Médica.

19. Programa de doutoramento en Psicoloxía Social Aplicada aos Contextos Organizacional e Político-Xurídico.

20. Programa de doutoramento en Psicoxerontoloxía.

21. Programa de doutoramento en Xerontoloxía.

22. Programa de doutoramento en Xestión Pública.

Universidade de Vigo (UVIGO):

1. Programa de doutoramento en Actividade Física, Deporte e Saúde.

2. Programa de doutoramento en Acuicultura (interuniversitario, coordina USC).

3. Programa de doutoramento en Administración Integrada de Empresas: Responsabilidade Social Corporativa, Calidade e Ambiente.

4. Programa de doutoramento en Aplicacións de Procesado de Sinal en Comunicacións.

5. Programa de doutoramento en Biodiversidade e Ecosistemas.

6. Programa de doutoramento en Ciencias do Clima: Meteoroloxía, Oceanografía Física e Mudanza Climática.

7. Programa de doutoramento en Dirección e Planificación do Turismo (interuniversitario, coordina UVIGO).

8. Programa de doutoramento en Estudos de Xénero.

9. Programa de doutoramento en Historia, Territorio e Recursos Patrimoniais.

10. Programa de doutoramento en Integración Económica Rexional e Políticas Comunitarias.

11. Programa de doutoramento en Intervención Psicosocioeducativa en Educación Secundaria: Cara unha proposta de Calidade.

12. Programa de doutoramento en Investigación en Contabilidade e Finanzas.

13. Programa de doutoramento en Oceanografía.

Artigo 6

As universidades adoitarán as medidas necesarias para garantir os dereitos académicos dos estudantes que se encontren cursando estudos que inician o proceso de extinción de acordo co establecido no artigo 16.2 do Decreto 222/2011, do 2 de decembro.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2013

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria