Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 20 de decembro de 2013 Páx. 49065

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 5 de decembro de 2013 pola que se autoriza a implantación de ensinanzas universitarias oficiais de grao e máster universitario nas universidades do Sistema universitario de Galicia para o curso 2013/14.

A Lei orgánica 6/2001, do 21 de xaneiro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, establece que a implantación e supresión de ensinanzas conducentes á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional serán acordadas pola Comunidade Autónoma, logo de solicitude de implantación polas universidades, segundo o disposto na lexislación vixente.

Por medio do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, modificado polo Real decreto 861/2010, do 2 de xullo, establécese a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais e dispón no seu capítulo VI o procedemento de verificación e acreditación dos títulos. Os plans de estudos serán verificados mediante resolución do Consello de Universidades e autorizados pola Comunidade Autónoma. Mediante acordo do Consello de Ministros establecerase o carácter oficial dos títulos e procederase á súa inscrición no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT).

No ámbito autonómico esta materia está regulada pola Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, e a Orde do 20 de marzo de 2012 pola que se desenvolve o Decreto 222/2011, do 2 de decembro, polo que se regulan as ensinanzas universitarias oficiais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

No Decreto 222/2011, do 2 de decembro, establécese que o procedemento para obter a autorización de implantación das ensinanzas universitarias oficiais no ámbito territorial propio da Comunidade Autónoma farase por orde da consellería competente en materia de universidades e publicarase no Diario Oficial de Galicia. O Pleno do Consello Galego de Universidades do 31 de xullo de 2013, de acordo co previsto no artigo 56 da citada Lei 6/2013, do 13 de xuño, emitiu informe favorable sobre a solicitude de implantación de determinados títulos universitarios oficiais de grao e máster universitario.

O artigo 19.2 da citada Orde do 20 de marzo de 2012 recolle que as universidades, logo de ser autorizadas a implantar estudos, quedarán obrigadas a adoitar as garantías precisas para que non se demore a súa impartición máis alá dun curso académico. Por razóns excepcionais, debidamente xustificadas, o departamento competente en materia de universidades poderá autorizar a non impartición da titulación noutro curso académico. A non impartición da titulación máis alá de dous cursos académicos consecutivos levará consigo o inicio do procedemento de revogación.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo 1. Conceder autorización á Universidade da Coruña para implantar, no curso 2013/14, as ensinanzas universitarias oficiais de:

1. Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica. Esta autorización inicia o proceso de extinción do Grao en Arquitectura Naval da UDC, autorizado polo Decreto 150/2010, do 16 de setembro, e que figura inscrito no RUCT co código 2502205 e do grao en Enxeñaría en Propulsión e Servizos do Buque da UDC, autorizado polo Decreto 150/2010, do 16 de setembro, e que figura inscrito no RUCT co código 2502208.

2. Máster universitario en Contabilidade Superior e Auditoría de Contas.

3. Máster universitario en Dirección e Administración de Empresas (MBA).

4. Máster universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións (interuniversitario).

5. Máster universitario en Investigación en Enxeñaría Civil.

6. Máster universitario en Lingüística Aplicada (interuniversitario). Esta autorización inicia o proceso de extinción do máster universitario en Lingua e Usos Profesionais da UDC, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro, e que figura inscrito no RUCT co código 4310008, e o máster universitario en Lingüística e as súas Aplicacións (interuniversitario, participa UDC e coordina UVIGO), autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4310600.

7. Máster universitario en Matemática Industrial (interuniversitario). Esta autorización inicia o proceso de extinción do máster universitario en Enxeñaría Matemática (interuniversitario, participa UDC e UVIGO e coordina USC), autorizado polo Decreto 51/2006, do 23 de marzo, e que figura inscrito no RUCT co código 4310358.

Artigo 2. Conceder autorización á Universidade de Santiago de Compostela para implantar, no curso 2013/14, as ensinanzas universitarias oficiais de:

1. Máster universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade. Esta autorización inicia o proceso de extinción do máster universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade, autorizado polo Decreto 150/2010, do 16 de setembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4311947.

2. Máster universitario en Enxeñaría Agronómica.

3. Máster universitario en Enxeñaría de Montes.

4. Máster universitario en Enxeñaría Química e Bioprocesos. Esta autorización inicia o proceso de extinción do máster universitario en Enxeñaría de Procesos Químicos e Ambientais da USC, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4311766.

5. Máster universitario en Estudos da Literatura e da Cultura. Esta autorización inicia o proceso de extinción do máster universitario en Estudo e Edición de Textos Literarios Españois e Latinoamericanos da USC, autorizado polo Decreto 150/2010, do 16 de setembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4312582 e do máster universitario en Estudos Teóricos e Comparados da Literatura e da Cultura da USC, autorizado polo Decreto 53/2008, do 13 de marzo, e que figura inscrito no RUCT co código 4311761.

6. Máster universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións (interuniversitario). Esta autorización inicia o proceso de extinción do máster universitario en Estudos Ingleses. Tendencias Actuais e Aplicacións da USC, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4311757.

7. Máster universitario en Lingüística Aplicada (interuniversitario). Esta autorización inicia o proceso de extinción do máster universitario en Estudos Lingüísticos da USC, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4311759.

8. Máster universitario en Matemática Industrial (interuniversitario). Esta autorización inicia o proceso de extinción do máster universitario en Enxeñaría Matemática (interuniversitario, participa UDC e UVIGO e coordina USC), autorizado polo Decreto 51/2006, do 23 de marzo, e que figura inscrito no RUCT co código 4310358.

9. Máster universitario en Química Orgánica (interuniversitario). Esta autorización inicia o proceso de extinción do máster universitario en Química Orgánica (interuniversitario, participa a Universidade Autónoma e a Universidade Complutense de Madrid e coordina USC), autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro, e que figura inscrito no RUCT co código 4310360.

10. Máster universitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte (interuniversitario). Esta autorización inicia o proceso de extinción do máster universitario en Lecturas sobre a Cidade Histórica. Arte, Patrimonio Cultural e a súa Xestión da USC, autorizado polo Decreto 150/2010, do 16 de setembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4312583.

Artigo 3. Conceder autorización á Universidade de Vigo para implantar, no curso 2013/14, as ensinanzas universitarias oficiais de:

1. Máster universitario en Dereito de Empresa. Esta autorización inicia o proceso de extinción do máster universitario en Ordenación Xurídica do Mercado da UVIGO, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4311042.

2. Máster universitario en Economía, Mercados Financeiros e Empresa.

3. Máster universitario en Enxeñaría da Automoción. Esta autorización inicia o proceso de extinción do máster universitario en Tecnoloxías e Procesos na Industria do Automóbil da UVIGO, autorizado polo Decreto 53/2008, do 13 de marzo, e que figura inscrito no RUCT co código 4310399.

4. Máster universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións (interuniversitario). Esta autorización inicia o proceso de extinción do máster universitario en Estudos Ingleses Avanzados: Interpretación Textual e Cultural das Sociedades Anglófonas Contemporáneas da UVIGO, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4310597.

5. Máster universitario en Innovación Industrial e Optimización de Procesos. Esta autorización inicia o proceso de extinción do máster universitario en Innovación Industrial e Optimización de Procesos da UVIGO, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4310396.

6. Máster universitario en Lingüística Aplicada (interuniversitario). Esta autorización inicia o proceso de extinción do máster universitario en Lingüística e as súas Aplicacións (interuniversitario, participa UDC e coordina UVIGO), autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4310600.

7. Máster universitario en Matemática Industrial (interuniversitario). Esta autorización inicia o proceso de extinción do máster universitario en Enxeñaría Matemática (interuniversitario, participa UDC e UVIGO e coordina USC), autorizado polo Decreto 51/2006, do 23 de marzo, e que figura inscrito no RUCT co código 4310358.

8. Máster universitario en Procesos de Deseño e Fabricación Mecánica. Esta autorización inicia o proceso de extinción do máster universitario en Tecnoloxías Avanzadas de Procesos de Deseño e Fabricación Mecánica da UVIGO, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4311010.

9. Máster universitario en Teatro e Artes Escénicas. Esta autorización inicia o proceso de extinción do máster universitario en Artes Escénicas da UVIGO, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4310596.

10. Máster universitario en Tradución para a Comunicación Internacional. Esta autorización inicia o proceso de extinción do máster universitario en Tradución e Paratradución da UVIGO, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4311046.

Artigo 4. As universidades adoptarán as medidas necesarias para garantir os dereitos académicos dos estudantes que se encontren cursando os estudos que inician o proceso de extinción, de acordo co establecido no artigo 16.2 do Decreto 222/2011, do 2 de decembro.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2013

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria