Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 19 de decembro de 2013 Páx. 48940

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (80/2013).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 80/2013 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Jaime Torres Vigo contra a empresa Autos 33, S.A., APV Motor, S.A., Millarent, S.L., Sanrent, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa resolución di literalmente:

«Que estimando integramente as demandas interpostas por Jaime Torres Vigo, contra Autos 33, S.A., APV Motor, S.A., Millarent, S.L. e Sanrent, S.L. e Fogasa, debo declarar e declaro extinguida a data da presente resolución a relación laboral existente entre o demandante e as demandadas por incumprimento contractual grave imputable ás demandadas, e debo declarar e declaro improcedente o despedimento do demandante efectuado polas demandadas o día 31 de xaneiro de 2013 con data de efectos o 15 de febreiro de 2013 con declaración de extinción así mesmo da relación laboral polo dito despedimento por non ser realizable a readmisión, e debo condenar e condeno a Autos 33, S.A., APV Motor, S.A., Millarent, S.L. e Sanrent, S.L. a que de forma solidaria lle aboen a Jaime Torres Vigo, a suma de nove mil novecentos e corenta e sete euros con cincuenta e oito céntimos (9.947,52 €) polos conceptos indicados no feito probado segundo da presente resolución, e a suma de cincuenta e tres mil cento cincuenta e catro euros con corenta e cinco céntimos (53.154,45 €) en concepto de indemnización pola extinción da relación contractual na data da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade subsidiaria do Fogasa observarase o disposto no artigo 33 do ET.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela poderán interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Autos 33, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina judicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2013

A secretaria xudicial