Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 19 de decembro de 2013 Páx. 48939

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (107/2013).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 107/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Pilar Rouco Mallo contra o empresario Jesús García Mariñas, sobre despedimento, ditouse Decreto 531/2013, do 4 de novembro de 2013, declarado firme no día de hoxe, polo que se declarou a insolvencia parcial, que se entenderá para todos os efectos como provisional, do executado Jesús García Mariñas (DNI 33203137S) pola suma de 34.284,36 euros, o que se fai público para os efectos previstos no artigo 276.5 da Lei reguladora da xurisdición social.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2013

A secretaria xudicial