Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 19 de decembro de 2013 Páx. 48846

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2013 pola que se adxudican as axudas do anexo II, modalidade B, da Orde do 2 de outubro de 2013 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa inicial de formación posdoutoral do Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015 (Plan I2C) para o ano 2013, e se procede á súa convocatoria.

A Orde do 2 de outubro de 2013 (DOG núm. 197, do 15 de outubro) establece as bases polas que se rexerá a concesión das axudas de apoio á etapa inicial de formación posdoutoral, no marco do Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015 (Plan I2C) para o ano 2013, en réxime de concorrencia competitiva.

No artigo 2 das bases da orde de convocatoria determínanse os requisitos que deberían cumprir as persoas candidatas das axudas correspondentes ao Programa de apoio á etapa inicial de formación posdoutoral e no artigo 2 do anexo II da Orde do 2 de outubro concrétanse os requisitos para a modalidade B.

De acordo co establecido no artigo 6 da convocatoria, despois de estudadas as solicitudes publicáronse as listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas e as persoas interesadas tiveron un prazo de dez días para formularen reclamacións para emendar erros e falta de documentos ante a Secretaría Xeral de Universidades. Unha vez examinada a documentación, publicouse a listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas.

As solicitudes admitidas foron avaliadas por un equipo de avaliadores formado por expertos de fóra do Sistema universitario de Galicia, coa colaboración da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), a partir da documentación indicada no artigo 4 do anexo II da convocatoria e segundo o baremo que se indica no artigo 5 do mesmo anexo.

O resultado desta avaliación achegóuselle á comisión de selección definida no artigo 7 da orde de convocatoria, a cal sumou 2 puntos ás persoas candidatas que superaron a puntuación mínima e que se comprometeron ao emprego da lingua galega na memoria final da actividade, e elaborou a proposta de concesión de acordo coas bases da convocatoria e a dispoñibilidade de recursos.

En consecuencia, de acordo co establecido no artigo 8 das bases da convocatoria, e atendendo á proposta de concesión elevada pola citada comisión de selección, na súa reunión do 9 de decembro de 2013, a través da Secretaría Xeral de Universidades,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as axudas da modalidade B de apoio á etapa inicial de formación posdoutoral para o ano 2013 ás universidades do SUG que contraten os/as solicitantes dunha praza do Programa de apoio á etapa inicial de formación posdoutoral que se relacionan no anexo I. A data de inicio dos contratos laborais establécese para o 27 de decembro de 2013.

Segundo. Todas as solicitudes que figuran no anexo I desta resolución cumpren os requisitos establecidos nas bases da convocatoria.

Terceiro. As 27 axudas posdoutorais (modalidade B) concedidas financiaranse con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013 e anos sucesivos, de acordo coa seguinte distribución segundo a estrutura de pagamentos recollida no artigo 10 das bases da convocatoria no punto referido á modalidade B, no relativo ao libramento da subvención.

Aplicación orzamentaria

Universidade

Núm. de contratos

Crédito (en euros)

2013

2014

2015

Total

09.40.561B.444.0

UDC

6

6.000,00

173.810,94

31.389,06

211.200,00

USC

13

13.000,00

376.590,37

68.009,63

457.600,00

UVIGO

8

8.000,00

231.747,92

41.852,08

281.600,00

Total

27

27.000,00

782.149,23

141.250,77

950.400,00

Cuarto. As axudas concedidas serán financiables polo FSE, no eixe 3, tema prioritario 74, no marco do Programa operativo FSE Galicia 2007-2013, nunha porcentaxe máxima do 80 %. Por iso, as universidades beneficiarias das axudas e os/as solicitantes contratados/as deberán cumprir as normas recollidas no Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro, polo que se fixan normas de desenvolvemento para o Regulamento (CE) 1083/2006 do Consello, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Feder, ao FSE e ao Fondo de Cohesión; no Regulamento (CE) número 1081/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, do 5 de xullo de 2006, relativo ao FSE e polo que se derroga o Regulamento (CE) número 1748/1999; as normas de información e publicidade dos fondos contidos no Regulamento 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro (L 371/1, DOUE do 27 de decembro de 2006), e no resto de normativa que resulte de aplicación.

O complemento de 1.000 € anuais que se recolle no artigo 3 do anexo II da Orde de convocatoria non é un custo subvencionable no marco do FSE, por canto non se trata dun custo directamente derivado da contratación do persoal investigador, senón do financiamento de gasto en que incorren as universidades beneficiarias para a correcta tramitación do programa.

Quinto. Xunto coa primeira xustificación a entidade beneficiaria das axudas remitirá unha declaración responsable de que se mantén unha separación contable adecuada ou un código contable adecuado para os gastos cofinanciados polo FSE, tal como se recolle no artigo 60 do Regulamento (CE) número 1083/2006, que regula as funcións da autoridade de xestión.

Sexto. O artigo 10 da orde de convocatoria establece que as universidades serán as encargadas do pagamento dos correspondentes contratos, así como da presentación da xustificación ante a Secretaría Xeral de Universidades para o libramento das axudas.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que se presentase esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Sétimo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2013

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I
Solicitudes concedidas

Universidade da Coruña:

Núm. de expediente

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI

Rama de coñecemento

Área temática

Avaliación externa

Uso do galego

Puntos galego

Puntuación total

POS-B/2013/023

UDC

Fernández

Travieso

Carlota

*****452T

Artes e Humanidades

Filoloxía e Filosofía

100

Si

2

102

POS-B/2013/024

UDC

Gómez

Carracedo

María Paz

*****644D

Ciencias

Química

100

Si

2

102

POS-B/2013/025

UDC

Lareo

Martín

Inés

*****511Q

Artes e Humanidades

Filoloxía e Filosofía

96

Si

2

98

POS-B/2013/026

UDC

Robles

Díez

Hugo

*****231R

Ciencias

Bioloxía Vexetal, Animal e Ecoloxía

100

Si

2

102

POS-B/2013/027

UDC

Rodríguez

Blanco

María Luz

*****677A

Ciencias

Ciencias da Terra

90

Si

2

92

POS-B/2013/028

UDC

Vázquez

González

Ana María

*****515T

Enxeñaría e Arquitectura

Enxeñaría Civil e Arquitectura

81

Si

2

83

Universidade de Santiago de Compostela:

Núm. de expediente

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI

Rama de coñecemento

Área temática

Avaliación externa

Uso do galego

Puntos galego

Puntuación total

POS-B/2013/001

USC

Álvarez

Bermúdez

María José

*****121D

Ciencias da Saúde

Biomedicina

66

Si

2

68

POS-B/2013/002

USC

Cacheda

Barreiro

Rosa Margarita

*****076P

Artes e Humanidades

Historia e Arte

70

Si

2

72

POS-B/2013/003

USC

De Castro

Ríos

Ana

*****725K

Ciencias da Saúde

Biomedicina

77

Si

2

79

POS-B/2013/004

USC

Díaz

Rodríguez

Esther

*****229F

Ciencias da Saúde

Biomedicina

66

Si

2

68

POS-B/2013/005

USC

Eibes

González

Gemma

*****081H

Enxeñaría e Arquitectura

Tecnoloxía Química

92

Si

2

94

POS-B/2013/007

USC

Parga

Martín

Juan Andrés

*****681Q

Ciencias da Saúde

Biomedicina

100

Si

2

102

POS-B/2013/008

USC

Quezada

González

Elías Neftalí

*****218B

Ciencias

Química

65

Si

2

67

POS-B/2013/009

USC

Riveiro

Valiño

José Antonio

*****179J

Enxeñaría e Arquitectura

Agricultura

85

Si

2

87

POS-B/2013/010

USC

Rodríguez-Gallego

López

Fernando

*****392N

Artes e Humanidades

Filoloxía e Filosofía

100

Si

2

102

POS-B/2013/011

USC

Sabín

Fernández

Juan Daniel

*****290A

Ciencias

Ciencia e Tecnoloxía de Materiais

84

Si

2

86

POS-B/2013/012

USC

Tapia

del Río

Luis Enrique

*****722X

Ciencias

Bioloxía Vexetal, Animal e Ecoloxía

78,5

Si

2

80,5

POS-B/2013/013

USC

Vilar

Varela

Santiago

*****427R

Ciencias

Química

77

Si

2

79

POS-B/2013/014

USC

Yáñez

Jato

Matilde

*****186N

Ciencias da Saúde

Biomedicina

74

Si

2

76

Universidade de Vigo:

Núm. de expediente

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI

Rama de coñecemento

Área temática

Avaliación externa

Uso do galego

Puntos galego

Puntuación total

POS-B/2013/015

UVIGO

Calvo

Iglesias

María Silvia

*****033D

Ciencias

Ciencias da Terra

81

Si

2

83

POS-B/2013/016

UVIGO

Freire

Piñeiro

Lorena

*****422J

Enxeñaría e Arquitectura

Enxeñaría Civil e Arquitectura

95

Si

2

97

POS-B/2013/017

UVIGO

Fuciños

González

Juan Pablo

*****912E

Ciencias

Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos

82

Si

2

84

POS-B/2013/018

UVIGO

Gesto

Rodríguez

Manuel

*****361N

Ciencias

Bioloxía Vexetal, Animal e Ecoloxía

79

Si

2

81

POS-B/2013/019

UVIGO

Gómez

Costas

Elena

*****765S

Enxeñaría e Arquitectura

Tecnoloxía Química

92

Si

2

94

POS-B/2013/020

UVIGO

Pena

Boquete

Yolanda

*****757H

Ciencias Sociais e Xurídicas

Economía

83

Si

2

85

POS-B/2013/021

UVIGO

Pérez

Figueroa

Andrés

*****499B

Ciencias

Bioloxía Vexetal, Animal e Ecoloxía

94

Si

2

96

POS-B/2013/022

UVIGO

Rodríguez

López

Cristina Teresa

*****639E

Ciencias

Física e Ciencias do Espazo

88

Si

2

90