Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 19 de decembro de 2013 Páx. 48852

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2013, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a celebración dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servicios Sociais, polo que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán, aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai celebrar.

En consecuencia, anúnciase a celebración dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso: Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora: Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U.

3. Datas: os días 20, 21, 23, 27, 28 e 30 de xaneiro de 2014.

4. Lugar de celebración: Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Salnés. Polígono do Salnés Sete Pías, parcela 101, Edificio Multiusos, 36630 Cambados (Pontevedra).

5. Número de prazas: 30 alumnos.

6. Dirixido a todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/o manipulen produtos biocidas de uso ambiental e na industria alimentaria, non clasificados como moi tóxicos, e persoal de establecementos.

7. Criterios de selección: por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes: solicitude segundo o modelo do anexo.

9. Programa:

Día 20.1.2014

16.30-20.00 h

Biocidas. Historia. Descrición e xeneralidades. Lexislación.

Riscos para o home derivados do uso dos biocidas. Lexislación.

Exercicios prácticos: Interpretación de pictogramas e etiquetas.

Día 21.1.2014

16.30-20.00 h

Hixiene e seguridade no manexo e aplicación de biocidas.

Exercicios prácticos: Fichas datos de seguridade.

Día 23.1.2014

16.30-20.00 h

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios na intoxicación por biocidas.

Día 27.1.2014

16.30-20.00 h

Biocidas e ambiente. Problemas. Destrución de envases.

Residuos de biocidas e contaminación.

Medidas preventivas da contaminación do ambiente. Alteracións do equilibrio ecolóxico. Xestión de residuos.

Xeneralidades sobre pragas ambientais e na industria alimentaria.

Historia ecolóxica das pragas. Clasificación e características.

Pragas urbanas. Bioloxía das pragas urbanas.

Día 28.1.2014

16.30-20.00 h

Métodos de loita antivectorial. Técnicas de aplicación.

Uso adecuado dos medios de protección persoal.

Exercicios prácticos: preparación e cálculo de disolucións.

Día 30.1.2014

16.30-20.00 h

Xeneralidades sobre pragas ambientais e na industria alimentaria.

Pragas de interese en saúde pública.

Pragas de roedores, pragas de aves, métodos de loita.

Test de avaliación.

10. Certificado de superación do curso: é obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e en caso de superalas expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2013

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico

Entidade organizadora: Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U.

Datas: os días 20, 21, 23, 27, 28 e 30 de xaneiro de 2014.

Lugar de celebración do curso: Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Salnés. Polígono do Salnés Sete Pías, parcela 101, Edificio Multiusos, 36630 Cambados (Pontevedra).

Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: de 16.30-20.00 horas.

Nº de prazas: 30 alumnos.

Presentación de solicitudes: enviarase a ficha de inscrición xunto cunha copia do DNI, fotografía tamaño carné e xustificante de pagamento a Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U., avenida Primo de Rivera nº 4, 2º, local 6-7, 15006 (A Coruña). Tel.: 981 24 54 18. Fax: 981 16 81 59. Correo electrónico: e-mail biocontrol@biocontrolbcl.com

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

Empresa...................................................................................................................................

CIF..........................................................................................................................................

Enderezo..................................................................................................................................

Localidade................................................................................................................................

Teléfono............................................................... Fax............................................................

Correo electrónico..................................................................................................................

Apelidos...................................................................................................................................

Nome......................................................................................................................................

NIF..........................................................................................................................................