Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 19 de decembro de 2013 Páx. 48968

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se anuncia o procedemento aberto, tramitación ordinaria e suxeito a regulación harmonizada, para contratar o servizo de limpeza de residencias de maiores dependentes da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña (expediente 86/2013).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Servizo de Xestión Económica.

2. Domicilio: avenida Salvador de Madariaga, nº 9, 1º andar, C.C. Elviña.

3. Código postal e localidade: 15008 A Coruña.

4. Teléfono: 981 18 57 10.

5. Fax: 881 88 12 50/981 18 57 01.

6. Perfil do contratante: http:// www.contratosdegalicia.es

7. Data límite de obtención de documentación e información: 2 de xaneiro de 2014, ás 14.00 horas.

d) Número de expedientes: 1.

e) Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE): 15 de novembro de 2013.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: expediente número 86/2013.

1) Servizo de limpeza de cociña, zonas comúns e cristais en residencias de maiores dependentes da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña.

c) División por lotes: 4 lotes.

d) Prazo de execución: desde o 1 de febreiro de 2014 ata o 31 de decembro de 2015.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 90911200.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: novecentos mil catrocentos vinte e un euros con corenta e nove céntimos (900.421,49 €). IVE (21 %): cento oitenta e nove mil oitenta e oito euros con cincuenta e un céntimos (189.088,51 €). Importe total: un millón oitenta e nove mil cincocentos dez euros (1.089.510,00 €). Dividido por lotes:

Lote 1: importe neto: 424.644,63 €. IVE (21 %): 89.175,37 €. Importe total: 513.820,00 €.

Lote 2: importe neto: 118.573,55 €. IVE (21 %): 24.900,45 €. Importe total: 143.474,00 €.

Lote 3: importe neto: 110.666,12 €. IVE (21 %): 23.239,88 €. Importe total: 133.906,00 €.

Lote 4: importe neto: 246.537,19 €. IVE (21 %): 51.772,81 €. Importe total: 298.310,00 €.

5. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: lote 1 (grupo U, subgrupo 1, categoría B) e lote 4 (grupo U, subgrupo 1, categoría A) , e cando o valor estimado sumado dos lotes a que se concorra sexa igual ou superior a 200.000 € (grupo U, subgrupo 1, categoría depende do valor medio anual do lote ou lotes a que se concorra).

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares número 4.2.1 d).

7. Presentación de ofertas e solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 2 de xaneiro de 2014.

b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña.

2. Domicilio: avenida Salvador de Madariaga, nº 9, 1º andar, C.C. Elviña.

3. Código postal e localidade: 15008 A Coruña.

Ou calquera das formas previstas no artigo 80 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses.

8. Apertura de ofertas.

a) Enderezo: avenida Salvador de Madariaga, nº 9, 1º andar, C.C. Elviña, 15008 A Coruña.

b) Apertura de ofertas: ás 13.00 horas do 13 de xaneiro de 2014.

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, ver prego de cláusulas administrativas particulares número 1.3.

10. Outras informacións: ver os pregos.

A Coruña, 18 de novembro de 2013

P.D. (Orde 19.8.2009)
Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña