Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 19 de decembro de 2013 Páx. 48972

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2013 pola que se anuncia a contratación por procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada con tramitación urxente e anticipada de gasto, dos servizos de deseño, organización, montaxe, desmontaxe e transporte dos postos desta consellería en distintos certames feirais que terán lugar en 2014, actuación cofinanciada en parte polo Fondo Europeo de Pesca, nun 75 %, no eixe 3, medida 4 (expediente 6/2014).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: servizo de contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizos de deseño, organización, montaxe, desmontaxe e transporte dos postos da Consellería do Medio Rural e do Mar, en distintos certames feirais que terán lugar en 2014.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución: desde o día seguinte ao da sinatura do contrato e ata os cinco días seguintes ao da finalización dos correspondentes certames.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 79950000-8.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente e aberto.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 450.000,00 €, IVE (21 %): 94.500,00 €, Importe total: 544.500,00 €.

Valor estimado: 450.000,00 €.

5. Financiamento: fondos propios e Fondo Europeo de Pesca, segundo as porcentaxes recollidas nos pregos.

6. Requisitos específicos do contratista: clasificación no grupo L, subgrupo 5, categoría C.

7. Garantías exixidas: definitiva (5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE).

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Enderezo: Edificio Administrativo, nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: consultas administrativas: 981 54 57 42, e consultas técnicas: 981 54 62 61 (Servizo Mercados) e 981 54 00 62 (Servizo de Promoción Calidade Agroalimentaria).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Enderezo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén poderán obterse os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19967

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará aos oito (8) días naturais, a non ser que o último día sexa sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela 15781), poderase enviar por correo, dentro do prazo de admisión sinalado, a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.30 horas do 8 de xaneiro de 2014. A apertura dos sobres C terá lugar, en acto público, no lugar, data e hora que se comunicará mediante a súa publicación no perfil do contratante e mediante o envío dun fax a cada un dos licitadores.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2013

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG núm. 70, do 12 de abril)
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar