Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 19 de decembro de 2013 Páx. 48966

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 26 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2013370AL-PO incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 5 de novembro de 2013, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra ditou o acordo de inicio do expediente sancionador 2013370AL-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra contra Antonio Álvarez González, propietario do establecemento Panadería La Giralda. No acordo de incoación tamén se confirma a suspensión cautelar da actividade do referido establecemento.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Antonio Álvarez González o contido do referido acordo que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, na avenida Fernández Ladreda, número 43, 1º e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 26 de novembro de 2013

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2013370AL-PO.

Denunciado: Antonio Álvarez González, con NIF 35970732C, propietario do establecemento Panadería La Giralda.

Último domicilio coñecido: rúa Darío Bugallal, 7, baixo, 36860, Ponteareas.

Feito imputado: supostas infraccións en materia de seguridade alimentaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

Artigos 3, 4.2 e 5, e capítulo I, puntos 1, 4 e 5; capítulo II, punto 1.a), b), c) e d); capítulo V, puntos 1.a), b) e d), e capítulo IX, punto 3, do anexo II do Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

Tipificación: infracción grave, segundo o artigo 51, punto 2, parágrafo 18, da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Sanción proposta: cinco mil un euros (5.001,00 €).