Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 18 de decembro de 2013 Páx. 48779

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 25 de novembro de 2013 pola que se notifica o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 26 de setembro de 2013 que fixa o prezo xusto do predio número 14-co sito en Oza dos Ríos, relativo ao proxecto 00090 (expediente 2013/000801).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlle mediante esta cédula a José María Mahía Vázquez o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 26 de setembro de 2013 que fixa o prezo xusto do predio nº 14-co sito en Oza dos Ríos, relativo ao proxecto 00090, expediente 2013/000801, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente rexeitado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro s/n, de Santiago de Compostela 15703.

3. En consecuencia, para que conste e lle sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2013

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 00090 CP-3203-1 Ampliación e mellora do trazado CP-3203 de Burricios a Penamartín do p.q. 0,000 ao p.q. 6,375.

Clave 0311100010.0. T.M. Oza dos Ríos.

Nº expediente: 2013/000801.

Persoa que se notifica: José María Mahía Vázquez.

Expropiante: Deputación Provincial da Coruña.

Expropiado: José María Mahía Vázquez.

Beneficiaria: Deputación Provincial da Coruña.

Predio nº: 14-co.

Concello: Oza dos Ríos.

Provincia: A Coruña.

Valoración da resolución do Xurado: 322,19 €.