Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 18 de decembro de 2013 Páx. 48777

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 25 de novembro de 2013 pola que se notifica o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 10 de outubro de 2013 que fixa o prezo xusto do predio número 107 sito en Ferrol, relativo ao proxecto 00316 (expediente 2012/000499).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible efectuar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlle mediante esta cédula a Vicente Rioseco López o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 10 de outubro de 2013, que fixa o prezo xusto do predio nº 107 sito en Ferrol, relativo ao proxecto 00316, expediente 2012/000499, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente rexeitado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro s/n, de Santiago de Compostela 15703.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2013

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 00316 CP-3608 Alargamento e acondicionamento de Feira do Dous en Serantes a Doniños, p.q. 0,00 ao p.q. 1,20.

Clave 0411300005.0. T.M. Ferrol.

Nº expediente: 2012/000499.

Persoa que se notifica: Vicente Rioseco López.

Expropiante: Deputación Provincial da Coruña.

Expropiado: Vicente Rioseco López.

Beneficiaria: Deputación Provincial da Coruña.

Predio nº: 107.

Concello: Ferrol.

Provincia: A Coruña.

Valoración da resolución do Xurado: 1.580,25 €.