Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 18 de decembro de 2013 Páx. 48781

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Barco de Valdeorras

ANUNCIO de licitación do contrato de xestión indirecta, modalidade concesión, do servizo público de ordenación e regulación de aparcamento de vehículos na vía pública (ORA) e guindastre municipal neste concello.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello do Barco de Valdeorras.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Secretaría.

2) Domicilio: praza do Concello, número 2.

3) Localidade e código postal: O Barco de Valdeorras, 32300.

4) Teléfono: 988 32 02 02.

5) Telefax: 988 32 59 78.

6) Correo electrónico: auxiliar.secretaria@concellodobarco.org

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.concellodobarco.org

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: xestión de servizos públicos.

b) Descrición: servizo de ordenación e regulación de aparcamento de vehículos na vía pública (ORA) e guindastre municipal.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega:

1) Domicilio: termo municipal do Barco de Valdeorras.

2) Localidade e código postal: O Barco de Valdeorras, 32300.

e) Prazo de execución/entrega: cinco (5) anos.

f) Admisión de prórroga: si; ata dous anos.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 63712400-7 Servizo de estacionamento, 34996300-8 Equipo de control, seguridade ou sinalización para zona de estacionamento e 34142000-4 Camións guindastre e camións con caixa abatible.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: canon sobre resultado, estudo económico-financeiro, proxecto de xestión e melloras (no servizo de guindastre e en sistemas ou dispositivos informáticos, telemáticos ou similares, segundo o prego administrativo).

4. Valor estimado do contrato: para efectos da constitución de garantías, fíxase o valor estimado do contrato en 831.044,56 euros. O contratista será retribuído mediante as tarifas que percibirá dos usuarios. De conformidade co artigo 89 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, sinálase que as tarifas non serán obxecto de revisión durante todo o período de concesión.

5. Garantías exixidas. Provisional: 3 % do valor estimado, isto é, 24.931,34 euros. Definitiva: 5 % do valor estimado, isto é, 41.552,23 euros.

6. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional, segundo os pregos.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Prazo de presentación: quince (15) días naturais desde o seguinte ao da publicación do último dos anuncios de licitación ( DOG, BOP e perfil do contratante).

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro de Entrada.

2) Domicilio: praza do Concello, número 2.

3) Localidade e código postal: O Barco de Valdeorras, 32300.

4) Enderezo electrónico: www.concellodobarco.org

8. Apertura de ofertas.

a) Descrición: segundo os pregos.

b) Enderezo: praza do Concello, número 2.

c) Localidade e código postal: O Barco de Valdeorras, 32300.

d) Data e hora: logo de anuncio no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade: serán por conta do contratista adxudicatario.

O Barco de Valdeorras, 25 de novembro de 2013

Alfredo L. García Rodríguez
Alcalde