Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 18 de decembro de 2013 Páx. 48711

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ordes

EDICTO (932/2012).

Patricia Cacheda Varela, secretaria do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 1 de Ordes dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas que se segue ante este xulgado co número 932/2012 foi ditada sentenza cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Que debo condenar e condeno a Adriana Pastoriza Muller como autora dunha falta de lesións á pena de multa de 40 días cunha cota diaria de 6 euros e responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas non satisfeitas, con obriga de indemnizar a Sergio Calvar Míguez na cantidade de 520 euros e condena ao pagamento das custas, se as houber.

Notifíquese ás partes e ao Ministerio Fiscal esta sentenza, contra a cal cabe recurso de apelación que se presentará ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación para a súa resolución pola Ilustrísima Audiencia provincial da Coruña.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ordes. Dou fe».

E para que conste e sirva de notificación de sentenza a Inés Adriana Pastoriza Muller, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto.

Ordes, 19 de novembro de 2013

A secretaria xudicial